Supoño que xa moitos de vós teredes lido acerca da polémica petición do presidente Pérez Touriño de que se considere o gasto extra que supostamente ten a administración galega por ter lingua de seu… A cuestión é que no telediario de TVE onde deron a noticia subtitularon no titular con «segunda lengua«, en referencia ao galego.
A cuestión é reveladora do pouco que se acepta e se entende o plurilingüismo deste Reino en Madrid… Porque xa me dirán segundo que clasificación é segundo o galego en Galiza… Pola orde cronohistórica de aparición ou uso? Polo número de falantes? Pola categoría legal? Estaría ben que nolo explicasen, non si que si? 😉