Á hora á que me ergo adoita comezar un microespazo dentro do Xabarín Club chamado Cousiñas, producido por Galitoon para a TVG. É un espazo moi loubable para achegar aos máis pequenos á nosa (á súa) lingua. O malo son algúns erros lingüísticos que coido comprería correxir. Aparte dos deslices de Raquel, que semella ser castelán-falante ou cando menos neofalante de galego, por cousas que se lle escapan («¡Ahí va!», «os cores»…), a canción do final («Das cores e das formas») contén polo menos un castelanismo e un hiperenxebrismo (ilumina e brilantes, respectivamente). Debían coidar máis estes espazos, polo público ao que van dirixidos, que está a aprender léxico, e pola subvención pública que polo visto reciben.
Cousiñas (da lingua)
Archivado bajo Castra-pó, Galego inventado