Hoxe botando un ollo a unha publicación da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia, nun dos diversos artigos que teiman ao longo das súas páxinas na idea de que o turismo en Galiza vai ben malia a crise, leo nun subitular: «O turismo medra na nosa comunidade, a pesares da mala situación económica». E o artigo leva o logo de Turgalicia, así que non sei a quen haberá que outorgar o mérito desta noxenta expresión pseudogalega, porque o artigo non ven asinado: a CeHosGa? a Turgalicia? En calquera caso, tirón de orellas para os encargados da publicación, por permitir erros lingüísticos que non por extendidos (mesmo nos medios de comunicación) deixan de ser graves.