Acabou¿se? o cine

O outro día volvín ver un cartel de propaganda municipal en Compostela, diante do concurrido sempre semáforo que une a Praza de Galicia coa zona vella, xusto diante o café Derby. Pon literalmente «Acabouse o cine, agora empeza a película». Penso que o verbo acabar, como tantos outros en galego, se diferencia do castelán en que non admite este tipo de pronomes reflexivos, ou cando o fai dalles outro significado. Coido que o correcto en galego sería «Acabou o cine, agora empeza a película». Porque acabarse ven significando en galego, estar kaputt, non rematar, finalizar. Mágoa ver como a capital de Galiza non respecta mellor o noso idioma e gasta cartos en contribuír a degradar e dialectizar o idioma.

6 comentarios

Archivado bajo Castra-pó

6 respuestas a Acabou¿se? o cine

  1. Uxia

    mal andas ti co galego: acabou-se, ou acabouse e perfectamente correcto…o igual que o é en portugues.

    «acabouse o conto» «acabouse o cine»…aiaiai…

    • casdeiro

      En serio? Como dis ti: «acabou a película» ou «acabouse a película»? A min o segundo sóame horrible.

    • casdeiro

      A mín sóame mellor «O conto acabou» ou mellor aínda «…rematou», que non rematouse nin acabouse.

      Segundo o Estraviz o uso pronominal de «acabar» é unicamente co sentido de esgotarse: «Acabouse a auga», p.ex.

      • Uxia

        Non se trata de que che soe ou deixe de soar, tanto en portugues como en galego «acabou-se» ou «acabouse» son correctas.

        Eu diria «Rematou» a pelicula, pero sinonimo e acabouse (que non acabou…eso si e castellanismo).

        Por outra parte o uso de «pronomes»adxuntados o verbo e parte da vertebra do galego, como por exemplo no caso dos «infinitivos conxugados»: mercarmos (ou mercar-mos), falarmos (ou falar-mos), saíres, queixáreste…etc.

        • casdeiro

          Nada, que non me convences. Mesturas cousas que non teñen nada que ver: infinitivos conxugados con verbos pronominais. E dis cousas que non son certas como que «acabar» sen pronome é un castelanismo. Olla nun dicionario de galego e verás que non. E claro que «acabouse» é correcto, pero como che dicía ten un significado e aplicación concretas fóra do cal, considéroo un calco do castelán «se acabó» co sentido de «rematou». Se acabar e rematar son sinónimos, segundo ti ben dis… Por que lle colocas o pronome a acabar e non a rematar? Iso non é moi congruente.

    • casdeiro

      E a todo isto… digo eu se non liches ben:

      «Porque acabarse ven significando en galego, estar kaputt, non rematar, finalizar.»

      É dicir, eu no post xa dicía que acabarse existe en galego. O que non me parece correcto é o uso que se lle quería dar nesa frase, que me parece impropio do galego e máis ben tirando a castrapo 😉

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.