A polo ghit

¿¿A??? polo ghitUnha das cousas que máis me anoxan do galego actual que se emprega nos medios de comunicación é a súa asumida subordinación dunha lingua allea: en concreto -como non!- do castelán.

Así temos o que a min me parecen aberracións lingüísticas como a construción «a por» que nunca existiu nin en galego nin en castelán e como agora leva anos sendo moda (xa aceptada pola RAE, por certo) na lingua veciña, e estamos colonizados lingüisticamente ata a médula, pois xa o copiamos directamente, cando en galego sempre se usou a forma IR + por, como tamén era norma en castelán.

A RAG tamén aceptou esta forma coas preposicións redundantes? Se non, dádelles tempo 🙁

(E xa non comento nada da extravagancia da adaptación fonética hit -> ghit, que ten o seu chiste e é inofensiva.)

Deja un comentario

Archivado bajo Castra-pó, Colonización lingüística

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.