Hoxe a presentadora do telexornal da TVG das 14:30 teimou co maldito a partires de… Seica os textos que len estes presentadores non pasan unha revisión lingüística, ou? Xa sabemos que a clase política do país fala un galego penoso, e que as declaracións improvisadas ou crónicas en directo de políticos ou xornalistas son terreo abonado para as meteduras de pata, pero cando falamos duns textos preparados de antemán, que menos que pasarlles unha revisión! Non é aceptable este tipo de erros nunha TV pública! Xa está ben!
eu tamén estou farta, e vouno dicir do PUTO a partires, acabo de recibir un cartaz cun «a partires do 1, 2 e 3», son colegas, pero estou por non ir…
vexo que non son a única, isto consólame
Si, este e mais o «a pesares» son vicios polo visto moi pegañentos e estendidos entre xente que sen dúbida ama a fala… coma Xosé Manuel Beiras.
Non tes nin idea, «partires» está ben dito e si que existe no galego, como infinito conxugado do verbo partir
Home, le ben o texto. Ninguén dixo que «partires» non exista. O que non existe é a contrución «a partires de».
Tes razón meu, isto pásame por ir apurado.
Tranquilo, pásanos a todos. «Sign o’the times» 🙂
Boas!
Non entendo por qué é un erro. Trátase dun hiperenxebrismo? (pola coincidencia coa forma en castelán ‘a partir de’). Pois teño entendido que se recomenda a utilización do infinitivo flexionado se vai precedido por unha preposición.
Moitas grazas.
Si, eu penso que o podemos calificar de hiperenxebrismo. Unha cousa é que se poida usar «partires» despois de «a» e outra moi distinta que sexa válido sempre, sobre todo en locucións deste tipo, nas que non existe referencia a un suxeito en segunda persoa do singulares. Por máis que penso non se me ocorre ningunha frase válida con «a» + «partires». Se cadra si con outras preposicións: p.ex. «A túa forma de partires as noces é moi curiosa».
O motivo do erro é que «partires» é a 2ª persoa do singular do infinitivo conxugado, mentres que «a partir de» é impersoal e, polo tanto, 3ª persoa.