Gadis: falemos como gallegos (sic)

GADIS: falemos como jallejos, hoOs supermercados propiedade do mesmo dono que a polémica Reganosa, os mesmos que quixeron lavar a cara con tremendo éxito coa campaña Vivamos como Galegos (pero pronunciemos como vallisoletanos, diría eu, á luz da fonética da dobraxe), axudada pola produtora BAP&Conde, a mesma que despois de cobrar 1 millón de euros da Xunta emprega usuarios ficticios para anunciar de balde o que lle contratan en comunidades sen ánimo de lucro… esa mesmiña cadea de supermercados que tanto quere ao seu país, ven de insultarnos co erro lingüístico que espallan pola TVG a todas horas: no seu último anuncio din «gaña un dos trinta viaxes», si, así, en masculino, cando viaxe é feminina en galego.

Así que moito vivamos como galegos, moita apelar á galeguidade, e moito gastar en publicidade e este é o respecto que teñen á nosa lingua. E tamén lamentable o escaso control que ten a TVG: non debería deixar que se emitan spots con erros lingüísticos. Así como imos normalizar nada!!! >:-(

8 comentarios

Archivado bajo Castra-pó, Colonización lingüística

8 respuestas a Gadis: falemos como gallegos (sic)

  1. hector

    foder…para unha cousa que me quedou clara das normas do galego «palabras rematadas en axe son femininas agas paxe garaxe e traxe»…¡e a sonoridade que ten esa norma! 😛 este gadis… xa estan tan parvos como o eroski.

  2. lamastelle

    E persoaxe… 🙂

  3. Carallo, costoulles case 2 semanas pero corrixiron o erro (hoxe escoiteino por primeira vez ben: «unha das trinta viaxes»). Pero foron varias ducias, posiblemente centos de emisións contaminantes, castrapizantes, nunha TV pública. Iso non debería ser permitido, e un anuncio con semellante erro debería ser devolto ao anunciante antes de permitir a súa emisión.

  4. -persoNaxe depende do xénero da persoa-

    Se queredes ver animaladas deste tipo recoméndovos que lle botedes unha ollada a calquera publicidade do Bricoking -«o rei do bricolaxe»-. Alén a portada e a contraportada están en galego (do tipo desarrollar=desenrolar*) e o que é o interior…
    e iso que din que o que conta é o interior, mais hai cousas que non hai por onde collelas, nin do dereito nin do revés.

  5. Pois si, a explicación da RAG paréceme acertada. Polo tanto farei como penitencia unha compra de 30 euros no Rei do Bricolaxe!!! (e ti en serio cres que os do BricoKing tiñan consultado coa RAG???!) X-D

  6. motion; levitra; sildenafil; cialis; cheap drug retin viagra wellbutrin; cafergot online; strattera problems; cymbalta use; cheap cigarettes;

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.