E se non, atentos á miña escolma (como nas películas, en orde de aparición):
Touriño:
– esforzo invisor
– fai tempo que / fai catro anos
– dice usté
– ustede
– ahora
– subida
– ciudadano
– peces
– calquer
– aztivar
– sin
– y
– bueno
– tan siqueira
– quin (por quen)
– población
– si (por se)
– ochenteún
– quinientos
– diztada
– queramos
– podría
– Cenicienta
– bienestar
– Innumerables pronomes mal colocados con respecto ao verbo: p.ex. Lle falo…
Quintana:
– eu viñen
– a partires de agora
– que vamos a facer
– eiquí / aiquí
– querrá
– calquer
– a labor
– salga
– paztamos
– para que mantéñase (hipercorrección na colocación do pronome)
– enseñar
– hasta
– si (por se)
– pudera
– quiso
– eu lle pregunto
– sólo
– diputados
– xa non cola
– sea
– aínda encima
– fai tempo que
– eso
– quinientas
– en un
– Pronomes mal colocados con respecto ao verbo: p.ex. O fai porque…
Feixó:
– desplome (se plomo é chumbo… desplomar non estará admitido, ou? Non ollei aínda o dicionario)
– subida
– inflación subiu de forma exponencial (isto é unha patada matemática en toda regra!)
– caiu
– eiquí
– a leite
– crisis
– plantexa
– a partires de aí
– sin
– si (por se)
– dicen
– quinientos
– esté
– un peaxe
– vai a decir
– habíamos quedao (!!)
– o 70% dos españois se sinten tan españois como galegos (iso é política-fición!!!!!! o mundo ao revés! contaminación procedente das zonas de América onde chaman gallegos a todos os españois?!)
– ustede
– carai
– fai 2 ou 3 anos
– libertá
– disminuíndo
– vamos a facer
– Pronomes tamén mal colocados: p.ex. Iso o decía…
Erros comúns aos 3: graves castelanismos léxicos e gramaticais, colocación desacertada da maioría dos pronomes que se colocan diferente do castelán (os 3 case por igual), curiosa coincidencia no quinientos e no si en troques de se (condicional)… Só se salvaba a fonética de Quintana. E curioso o eghqueísmo de Touriño (pronuncia de h aspirada en troques de s ao final das palabras seguidas doutra consonante, como seica fan nalgunha zona da Barbanza e da Costa da Morte).
Que outro país do mundo se permite uns líderes que falen tan mal a lingua do país?!
http://touripedia.wikispaces.com/
Algunha máis que se me escapou:
Feixó: aquelo
Os líderes que falan castelán non vaiades pensar que falan un castelán demasiado bo. Está cheo de incorreccións de todo tipo. Pero aínda admitindo que o deste tres é de vergonza (sobre todo Touri), sempre tiven a sensación que ó galego (lingua) entre outras moitas cousas sempre se lle esixe máxima corrección. Á outra lingua oficial, non.
A ver, ho, Aranha, pero ti que dis? Que se lle esixe máis corrección ao galego?!?! Ti pensas que duraría nin un mes no posto de traballo un xornalista ou un cargo público que falase tan mal castelán como os que falan mal galego? Que metese tantas palabras noutra lingua e que non coñecese nin a gramática nin a fonética do castelán? Por favor!!!!
Vaites oh!…
E ti podes falar, o da «patada al dicionario»…
Vai rañala pirola… ou a parrocha…
Fai catro anos / Fai 2 ou 3 anos: expresións que vostede marca como incorrectas son respectuosas coa norma.
Saúdos.
Con que norma, X? Eu toda a vida escoitei aos que saben falar galego usar o verbo HABER e non o verbo FACER.
A ver, Unquenonsabe: vasme escribir mil veces «vai rañar a pirola» ;-D
E que lle pasa ao título, logo? Está en castelán, por se non te decataches ;-P
…E tamén tenme chiste o teu «oh» (interxección castelá de sorpresa) en troques de «ho» (apócope de «home» en galego) 😛
«aquelo» non ten mal ningún, por moito que eu diga «aquilo», forma agora preferente na norma. Igual para «eso» ou «aiquí» e «eiquí» 8dialectalismos, home, un ou outro, os dous…), dicen, calquer…
O que está claro é que teñen un galego pésimo e estas formas sendo válidas non teñen a súa orixe nun uso consciente senón en calcos do español.
Eu reparei noutro erro de Feijoo, este gramatical, bem importante:
http://odemo.blogaliza.org/2008/02/29/o-seu-estatuto/
Bueno, no se Quintana, que no lo conozco. Pero si conozco a mas de cindo miembros del BNG ( de los cuales dos se presentaron a concejales y todo ) y todos son castellenoparlantes. Solo usan gallego en los mitines. No daremos nombres, que luego todo se sabe y saben donde vivo. Es lo que tienen los amigos :-).
Si, créote Lamastelle. Como dicía aquel… no BNG admiten a (case) calquera… ;-D Seica non lles deben facer un exame de galego para entrar. Parecido pasa no PNV onde hai moitos que non falan euskera. O que pasa é que aquí ten bastante máis delito 😉
Roi, creo que aquelo non está admitido. E o dos dialectalismos estaría ben se fosen do dialecto co que falan galego, ou da súa zona, ou de onde o aprenderon, pero coido que son casos como o dende que moitos adoptan porque así parecen máis galegos (cf. eiquí) cando é máis correcto desde (vid. Estraviz) e o aquí coa mesma pronuncia có castelán. Así que non me serve de excusa.
E aínda así se só foran eses os erros…
Agora non temos galego, agora temos unha lingua que vos estades inventando entre 4 galeguistas. O da palabra «grazas» é de risa… eu son galego falante de toda a vida (despois de tantos cambios na normativa, falo como me sale..), e nunca habia escoitado a nadie decir GRAZAS….
Cando me din grazas, ¿que teño que contestar?, ¿de nazas?
eu sempre ouvín o «fai…», e o «eiquí» é a pronuncia do «aquí» por Ourense… se imos aplica-la norma do galego como inquisidores tamén na oralidade, será que xa vai sendo hora de botaren fora da TVG ós que falan coa J de JJJJJJeada!! porén, o da preposición «a» entre verbos si que non ten perdón de Deus 😛