Agir, axir..? Allir!!! :-D

Hai un par de días os xornalistas da Crónica das 2, de Radio Galega (van camiño de se converteren nas estrelas deste blog este ano!) fixéronme rir pronunciando a tan-famosa-de-súpeto organización AGIR como ‘allir’, en troques de ‘axir’ como se escribe en galego coa ortografía oficial. Ou querían insultar con esa pronuncia aos reintegracionistas en conxunto (podían en todo caso pronunciala á portuguesa!), ou ben descoñecen a existencia do verbo axir en galego. Lamentable en calquera caso.

3 comentarios

Archivado bajo Galego inventado

3 respuestas a Agir, axir..? Allir!!! :-D

  1. anuncia

    Pois na TVG, tamén no telexornal das 2, ainda foi pior: No canto de «axir», pronunciaron «aguir». E logo non haberá ninguén que lles asesore lingüísticamente? Asi teñen ese sotaque vallisoletano!

  2. Acabo de escoitarlle tamén a Justo Beramendi a pronuncia allir no programa Crónica das 10, de Radio Galega.

  3. Kusom

    e cal ven sendo o significado de axir??
    No dicionario da RAG non sae…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.