PescaDeRías: a propia Xunta incumpre a normativa ortográfica

Pesca De Rías: como patear un idioma desde o propio goberno que ten de defendeloA presentación da nova marca (ou label como o chaman noutros lares) para os produtos galegos do mar, PescaDeRías méreme 2 críticas: por unha banda amosa unha subordinación mental do galego ao castelán porque o creativo que a inventou e os responsables políticos que a aprobaron parecen dar por bo o xogo de palabras con outro idioma, xa que pescadería é unha palabra castelá (en galego é peixería). Por outra banda, o lema asociado á marca en toda a cartelaría que puiden ver onte na TVG contén un erro ortográfico: ¿De onde se non? Xa hai uns cantos aniños da aprobación da nova norma ortográfica do galego que entroutras cousas indica que non é correcto poñer o signo inicial de interrogación. Que podemos pensar do compromiso co idioma dun goberno que nin tan sequera se molesta en coñecer e usar a norma oficial? Absolutamente deplorable e vergoñento!!!

9 comentarios

Archivado bajo Colonización lingüística, Galego inventado

9 respuestas a PescaDeRías: a propia Xunta incumpre a normativa ortográfica

  1. Xa podían destinar entre o millón de euros que disque van gastar na súa promoción, un chisco de diñeiro en revisión lingüística. Por certo, canto gastaron xa en cartelaría impresa co ‘¿’ erróneo?! Estaría moi ben sabelo e cortar algunha cabeza que outra na Consellaría de Pesca.

  2. E quen sería o creativo contratado para inventar esta marca subordinada do castelán e ese lema mal escrito? Alguén ten información sobre que foi a empresa contratada?

  3. Sinto discrepar na cuestión dos signos. Nunha frase tan curta non sería necesario «abrir a interrogación», mais non é estritamente incorreto.

    Respecto ao lema principal, paréceme tan pouco ligado a realidade galega que até ver a túa explicación non pillara o de «pescadería». Un 0 para o creativo.

    Por que non «Peixe das Rías», e aproveitar para espallar a palabra peixe polo mundo? Ao fin e ao cabo, somos exportadores de nomenclatura marítima 🙂

    «2.3 Signos de puntuación
    Os signos de interrogación e admiración pasan a ter un uso obrigatorio só ao remate do enunciado.
    Malia isto, recoméndase continuar usándoos ao inicio para marcar ben o comezo da cláusula
    interrogativa ou exclamativa e facilitar así a lectura e comprensión dos textos.»

    http://www.santiagodecompostela.org/medi/Lingua/normasortograficas.pdf

  4. Hmmm… non me soaba que fora ese o troco con respecto ao signo de interrogación inicial. Tentei buscalo no web da RAG pero é penoso e non se atopa.

  5. Na Wikipedia pon unha norma diferente da que ti indicas: http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_Os_signos_de_interrogaci%C3%B3n_e_de_admiraci%C3%B3n

    é dicir, só se permitiría para facilitar a lectura e evitar ambiguidades, e non di nada de «recomendacións». Non entendo nada! 🙁

  6. Onte no Forum Gastronómico pensei exactamento o mesmo! Assim aforro escrever o mesmo no meu blog!
    😀
    No de PescaDeRias é mui claro, e no dos símbolos de interrogaçom a norma também nom presenta dificultade: Só se empregam quando som necesários para tirar toda dúvida (Interrogativas mui longas, contexto complicado…) e nunca em casos coma este.

  7. Podedes mirar na páxina 27 das «Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego» (2003):

    http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf

  8. De acordo, como dicía meu avó: «Cágome no que dixen» (respecto ás interrogacións)

  9. ¡¡galego indignado!!

    pois eu digo a esa nova norma dos collóns, que para evitar parecerse ó castelan fixeron a de deus é cristo:

    eu se non vexo a interrogacion diante non sei onde comeza a pregunta, e punto.

    ¿que será o proximo?¿obriga-las preguntas a comezar por unha W ou que? (notese o uso da segunda forma de artigo). tanto estudar, tanta galiza e tanto nabo morto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.