O outro día os meus ollos pousáronse -para o meu arrepío- nun escaparte dunha oficina de Banesto: formando parte da cartelaría dunha campaña na que non sei que carallo de produto bancario promocionaban, puiden ler: algo así como abre unha conta de tal tipo e…» lévache un TV LCD». :-O
Quen é o que cha leva? O director da oficina de Banesto? Non o mencionan. É máis que evidente que é unha tradución perralleira do castelán «y llévate…».
E non lles dá vergonza. E o peor é que é moi probable que ninguén dos empregados nin dos clientes se queixara para que o retirasen. Eu non son cliente pero estou por entrar un día e esixirlles que ou aprenden a escribir en galego ou que retiren ese cartel contaminador.
RSS - Entradas
Permítome sinalar outro erro menor no uso das siglas estranxeiras LCD, que non me meto en se se deben traducir ou non, e que no anuncio sinalado empréganse coma un adxectivo cando é evidente que representan un sintagma nominal (pantalla de cristal líquido). Penso que se debería dicir «TV con LCD».
Ui, aí xa nos metemos nun tema máis amplo: eu penso que esa trasformación cara a un adxectivo ten un nome… e é algo común en moitas linguas, e quizáis acelerado polo contacto (máis se é técnico) co inglés: así pasaba con TV CRT que loxicamente era ao principio TV de CRT ou con CRT. Dado que LCD ou CRT eran nomes de tecnoloxías, acabaron de contado portándose a xeito de adxectivo.
En inglés, onde non faltan exemplos de palabras que son nome e adxectivo, nome e verbo ou mesmo as tres, este tipo de salto paréceme perfecto. En galego ou castelán, onde pola contra os adxectivos formados a partir de substantivos adoitan levar un sufixo que o indique, e onde un nome só pode modificar a outro como aposición ou dentro dun grupo preposicional, seméllame moi antinatural. Por outra banda, se quixesemos respectar completamente a expresión importada, coido que deberiamos empregar «LCD TV».
De tódolos xeitos isto é simplemente a miña opinión. Se existe normativa clara a ese respecto non me importa admitir o meu erro. Sempre que non esixa falar de «televisor con PCL», claro 🙂
Bueno, ayer volví a pasar y tomé mejor nota. El cartel dice: «cambia a túa nómina á mellor canle… e lévache un TV LCD. Entra e infórmache«
😀
Infórmache o director da oficina? Nin por esas: informar non pode ser intransitivo, así que de todas todas infórmache é incorrecto tamén.
Quedáronse descansados estes de Banesto! Canto lles cobrarían pola tradución? ;-D
Ai, os tradutores automáticos…
Ti cres? Que tradutor automático é taaaan malo?!
Vi-no hoxe nunha oficina e quedei pampo. Andaba agora buscando unha imaxe do tema. E non, non creo que sexa de tradutor automático.
Vi-no hoxe nunha oficina e quedei pampo. Andaba agora buscando unha imaxe do tema. E non, non creo que sexa de tradutor automático.
E falan tamén algo de «traeche a nómina», ou algo así.
😀 Si, Chimpín, é algo digno de fotografar. A ver se me paso por alí coa cámara ;-P