Coido que foi o mesmo xornalista que o outro día vía números alaranxados na bolsa, que hoxe nos falaba da taksa de desemprego no informativo das 14 h na Radio Galega. Hai que ter un coñecemento moi curioso do galego para pronunciar unha ‘x’ entre dúas vogais como ‘ks’.
A taksa de desemprego!
Archivado bajo Galego inventado
Joer….. iruditzen zait Barakaldon bizi zinen kontu izatean, kontsonanteak arraroak ez dira arazoak 8P
(Joer, teniendo en cuenta que has vivido en Barakataun, las consonantes raras no son un problema…. 8P)
¿Consonantes raras? ¿Barakaldo? Me he perdido 🙁
Por cierto, leí hace poco que el topónimo Barakaldo ni viene del euskera ni nada parecido, sino del antiguo celta que se hablaba en buena parte de la Península. Así que no tendría mucho sentido escribirlo con K. No, si al final… ;-D
Por cierto, gracias por la traducción, pero creo que mis buenos profesores de euskera aún dejaron algo en esta cabezota como para entender esa frase ;-P
Non é por nada, pero as letras en galego son masculinas, ex. «o x»
Quixen dicir o nome das lebras… non soa moiben a frase que deixei arriba, un pouco contradictoria.
Ainda que pronunciar o «x» de taxa como /ks/ non sexa correcto, hai algunhas palabras nas que o «x» intervocálico realízase /ks/ na pronuncia culta: «aproximar», «laxo», «nexo» ou «galaxia» son algunhas delas. De tódolos xeitos, na práctica case ninguén as pronuncia así.
Tes razón, esteirana. Metín a pata. É que non lle dou visto o sentido a ese xénero das letras en galego. Porque en ES está claro: «la (letra) A», pero en GL… «o (letra) A»??? «o (carácter) A»??? De onde carallo xorde ese xénero, polo que eu sei diverxente do resto de linguas romances?
E tamén… vogal e consonante… son femininas?
Roselyn, xa sabía iso, pero non quita para que fose unha pronuncia un tanto inusitada. E eu si que creo que todo o mundo pronuncia correctamente «nekso» e «galaksia».
Podemos dicir por exemplo «o (grafema) A»
No caso das vogais e consoantes son «as vogais» e «as consoantes»
E seguimos!!!! Onte tamén na Crónica das 2 unha das locutoras pronunciou complekso!!! Pero que lles pasa a esta xente?
O noticieiro foi completiño ese día: un dos reporteiros púxome os pelos de punta cun desde o primeir día =:-O
Pola información que nos achega un comentarista noutra entrada, pode ser correcta a pronuncia de ‘taksa’ :-O