Atávico Quintana

Quintana non é un cromagnonQue sería de nós sen os nosos líderes políticos, tan humorísticos eles! Que sería ten termos o periódico circo das campañas electorais?

Declaracións de Anxo Quintana, líder do BNG e vicepresidente da Xunta, lidas en La Voz de Galicia deste domingo (p. 10): «o BNG non ten atavismo contra ningunha forza política». Se consultamos o dicionario da RAG comprobaremos que o atavismo é:

1. Biol. Aparición nun individuo de certos trazos hereditarios propios dun antepasado remoto, que permaneceron sen manifestarse durante varias xeracións. 2. fig. Tendencia a volver a un estadio primitivo.

Así que… que carallo quixo dicir Quintana? Que lle poden saír rasgos hereditarios de algunha forza nacionalista precursora do Bloque que os predispoñan contra outros? Que non tenden a volver a un estadio primitivo? Ese estadio é a oposición? 😉

O dito: as eleccións non valerán para outra cousa, pero para rirmos… valen un cacho! 😀

Deja un comentario

Archivado bajo Galego inventado, Mazagatismos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.