O pasado día 29 de Novembro, o presidente da Xunta, Quemelío Pérez Touriño, demostrou a súa capacidade de concentrar patadas ao galego nun par de palabras, concretamente dicindo ao marxen. Analicemos o caso:
1) É marxe, non marxen (típico: cambias os G e J por X e xa parece que falas galego e todo!)
2) Marxe é feminino, non masculino. Polo tanto non sería ao senón á.
3) Pronunciou ao como dúas letras, cando se debe pronunciar como un único O aberto (o que antes se escribía ó e antiguamente mesmo ô).
Difícil meter 3 veces a pata en 2 palabras. Pero o noso presidente, é moito presidente! 😀