A linguaxe do presidente Touriño non soamente é digna de comentario polo seu curioso galego: tamén pagan a pena inventos metafóricos coma o que pariu onte: falando de recurtes recortes orzamentarios aos concellos acusou ao PP de querer levar aos concellos á anorexia financieira. Coidando que as múltiples definicións da anorexia teñen en común o factor definitorio a falta de apetito, concluimos que se refería a que os concellos perden o apetito polos cartos, que me dá a impresión de que non era o que quería dicir o señor presidente da Xunta. Tería sido mellor empregar unha expresión igual de figurada pero máis acertada como raquitismo financieiro ou desnutrición financieira. Pero que perdan o apetito polo diñeiro a min non me parece malo. O malo sería que o tivesen e non lles deran de comer! 😀
Anorexia financiera
Archivado bajo Galego inventado, Otras patadas
Moi boa entrada, rinme un cacho :-). Por certo, está este blog facéndose lusista? O diccionario da RAG (http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp) acepta recorte, mais non recurte.
Alédame terche feito rir, ho! E carallo, vaia sorpresa o desa palabra que me pillaches: a min parecíame lóxico que se temos curto, curtametraxe, etc. fose tamén curtar e recurtar. :-O
Xa o troco, logo, todo sexa pola paz normativa! ;-D