Sego recollendo mostras do pésimo galego dos políticos galegos, neste caso das políticas. A conselleira de Cultura non é a única que comete incomprensibles erros falando galego. Hai un par de días tomei nota dun plural castelán á conselleira de Pesca, Carmen Gallego, cando falou de «os nosos industriales«. E o mesmo día, no mesmo Telexornal, a
de Vivenda, Teresa Táboas, (2007-11-26: perdón, perdón, perdón! Que foi María Xosé Caride, confundín os negociados de senllas consellarías!) inventou o verbo *surxir cando dicía que algo non surxía por xeración (ou dixo xeneración?) espontánea. Nin os do BNG nin os do PSdeG se salvan. Para cando unhas clases de galego ao conselleiros? Paguémosllelas entre todos, por favor, que o mal que fan falando tan mal galego nos medios de comunicación é un fraco favor á normalización da nosa lingua.
Deus salve ás conselleiras!
Archivado bajo Galego inventado