Copiando o peor do castelán: 'violencia de xénero'

Hoxe que é o día internacional contra este tipo de violencia quero de novo insistir na miña denuncia do incorrecto desta denominación tanto en castelán, como agora en galego. Desque me trasladei a vivir a Galiza, non deixo de escoitar e de ver escrito en todo tipo de cartaces, anuncios de TV, etc. a denominación violencia de xénero. De novo os galegos prefiren copiar directamente do castelán, que ollar para un dicionario. Isto é o que di o da Real Academia Galega sobre esa palabra:

xénero s.m. 1. Conxunto de seres ou cousas que presentan características comúns. SIN. clase, tipo. CF. orde.
2. Cada unha das clases en que se poden dividi-las obras segundo o contido, forma ou estilo.
3. Cada unha das posibles variedades ou categorías que existen de certas cousas. SIN. clase, tipo.
4. Gram. Categoría pola que substantivos, adxectivos, pronomes e artigos se clasifican en masculinos, femininos ou (pronomes) neutros.
5. Bot. e Zool. Clasificación ou división de animais e plantas entre a familia e a especie.
6. Calquera cousa que é obxecto de compra e venda. SIN. mercadoría, mercancía.
7. Tea, tecido.

Polo tanto é incorrecto usala para referirnos ao sexo das persoas. É incorrecto tanto en castelán como en galego. Porén, estámos usando cada día máis en ambas as dúas linguas.

Ben sei que o problema vén da propia definición deste tipo de violencia, xa que non é doado atopar unha adxectivación precisa e correcta. Vou repasar de novo algunhas das alternativas que poderíamos usar, tentando atender como se ven facendo sempre a criterios como características intrínsecas da forma de violencia ou referidas ao medio mediante o cal se exerce (violencia verbal), ao autor (violencia de Estado), ou á finalidade (violencia terrorista):

  • Violencia contra as mulleres: non é precisa, pois incluiría a violencia dunhas mulleres contra outras, ou un tirón de bolso na rúa.
  • Violencia machista/sexista: semella impropia porque estamos dando por sentada a actitude machista do agresor, cousa que non ten por que se dar para agredir a unha muller. Se o agresor non é machista e aínda así agrede a unha muller, clasificámolo dentro deste problema social, así que tampouco nos valería.
  • Violencia doméstica: esta incluiría violencia dunha nai contra os fillos, ou dun pai, ou dos irmáns entre eles. Quizáis demasiado ampla. E non recolle a que se poida exercer entre mozos que nunca viviron xuntos.
  • Violencia masculina: esta paréceme interesante, porque ao final do que falamos é de homes que agreden, é un punto común, e segue o criterio de adxectivar en función do autor. Pero claro, tamén incluiría violencia de pais contra fillos, ou dun home contra outro nun bar. Paga a pena reflexionar sobre esta denominación porque pode que o problema estea aí.

En definitiva, non está clara a mellor denominación. O que si está clara e é un feito lingüístico obxectivo é que é incorrecto usar de xenéro se o que queremos é falar do factor sexual. Coido que os especialistas sociais nesta materia son os máis axeitados para, buscando o factor común, adxectivar correctamente, sexa ese factor o axente, a motivación, a finalidade, ou calquera outra característica definitoria.

9 comentarios

Archivado bajo Galego inventado, Violencia de género

9 respuestas a Copiando o peor do castelán: 'violencia de xénero'

  1. Héctor

    o teu compañeiro de google MalaPrensa calificalo de «violencia de parella»

    de todolos modos, creo que cando se fala do ser humano social dicir sexo é incorrecto. bioloxicamente falando temos sexo, si. pero socialmente falando temos xénero. nesta calificacion. existe o sexo macho e o sexo femia, pero existe o xenero masculino e o xenero femenino.

    o xenero é o conxunto de estereotipos que a sociedade ptprga a cada un dos sexos. aunque o xenero non se limita ó sexo. exemplo: unha «marimacho» poderia ser considerada de xénero masculino, sendo de sexo femia, xa que adopta roles estereotipados como do sexo macho. polo tanto, falar de violencia de xénero non é tan incorrecto como afirmas. as persoas teñen un sexo bioloxico e un xénero social. 😉

  2. Dilá Lará

    ¿Este blog va a ser en lo sucesivo en gallego o vas a alternar?

  3. Augusto

    ¿Y qué tal «violencia conyugal»?

  4. Tampoco me convence, Augusto. Por un lado es reductora (quedan fuera los hombres que no sean cónyuges de las agredidas) y por otro lado no diferencia si el agresor es el hombre o la mujer.

  5. Augusto

    Cierto, me di cuenta después de escribirlo.

  6. E digo eu… Se cando un home lle pega a unha muller, sen saber nada máis del, xa o tachamos de machista… Se un branco lle pega a un negro ou a un chinés… xa é un racista? Coido que con isto da violencia contra as mulleres estamos caendo en prexuízos e en xeralizacións moi inxustas e perigosas, e asignamos automáticas intencionalidades ademais de facelas públicas nos medios. Estamos rozando a difamación ou é impresión miña?

  7. eduardo alonso

    Si no quereis entender lo que significa género así utilizado, no hace falta que recurrais a cuestiones gramaticales, no lo entendeis y punto. Pero es evidente que todo el mundo entiende que hay género masculino y género femenino y que la cuestión de género así expresada es perfectamente correcta para que nos comuniquemos y entendamos.

  8. No es gramática, Eduardo, es léxico. Y claro que entendemos el género… de las palabras.

  9. Filosófika

    Non se trata dunha cuestión gramatical, trátase dunha cuestión conceptual e á vista está que é necesaria moita máis educación e formación sobre este tema. Fálase de xénero porque hai máis xéneros que os binarios, masculino e femenino. A cuestión é que non se trata de violencia polo sexo senón polo xénero (hai catalogados actualmente máis de 20 tipos de xéneros)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.