A esternina

Ultimamente veñen morrendo moitos cans envelenados nos montes de Galiza, cans de caza, e polo que parece o veleno empregado é a estricnina. Pero para moitos dos nosos cazadores, segundo puiden apreciar na TV e radio galegas, o nome desta substancia é esternina. Non sei se será porque lles soa a esterlina, ou porque mata atacando ao esternón das vítimas, ou porque foi patentado por algunha Esther Nina… pero é toda unha xoia das patadas galegas.

1 comentario

Archivado bajo Galego inventado

Una respuesta a A esternina

  1. Pasotaman

    Esa patada ten moita tradición (tanta que, se a normativización se fixere de forma continuísta sería a forma correcta). Xa se usaba en referencia ao exterminio dos lobos a mediados de século (polo menos). Seino porque mo contou o meu avó (1900-1996).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.