E velaquí outra curiosa patada galego-mediática. Algunhas veces pecan os nosos xornalistas por castelanismos e outros por pasarse e poñer unha palabra diferente á castelá pero mal posta. Vindeiro (do verbo vir) é a forma galega do castelán próximo cando se refire a tempo (o vindeiro xoves = el próximo jueves). Pero un xornalista do Telexornal da TVG, o pasado día 15 estaba dando conta dun incendio que houbera e dixo que a acción dos bombeiros evitara «que o lume se estendera ás edificacións vindeiras« (como se fosen vir, camiñando ou dalgún outro xeito), cando o correcto sería edificacións próximas ou colindantes, achegadas ou algo así.
As edificacións vindeiras son as que están por vir, é dicir, as que aínda non están construidas. Polo tanto os bombeiros impediron que o lume chegase ás obras próximas 🙂
Mira ti que cousa! Non pensara eu niso… terá que ver coa desaceleración inmobiliaria? 😀
De acordo co RAG, «vindeiro» é sinónimo de «próximo» e si pode adoptar unha connotación espacial, ao contrario que o castelán «venidero» e o portugués «vindoiro/vindouro», que refiren preferentemente ao tempo.
Ora ben, «colindante» si que non é palabra galega, eh?
Saúdos.
Pois iso parece, tes razón. Daquela cal é a palabra galega correspondente e ese castelán colindante?