Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


republica_bufa

República Bufa †

Enderezo

Acerca deste proxecto

I Época

  • Proxecto derivado de Redsistencia.
  • Blog de humor político.
  • Baixo esta cabeceira temos feito desde animacións en Flash ata colaboracións gráficas para o bimensual Diagonal.
  • Parte do material gráfico que crei para República Bufa pode verse tamén na sección de creación gráfica do meu web.
  • Desque deixei a Asociación Alternactiva a miña colaboración co proxecto República Bufa interrompeuse durante anos.
  • Alomenos desde finais de 2010 non está dispoñible. A última captura no Internet Archive indica como data do derradeiro post desta época, o 23 de decembro de 2009.
  • Teño o proxecto de recuperar os seus contidos, aínda que só sexa a efectos de arquivo histórico, en LegadoWeb.
  • Non conservo captura deste web.

II Época

  • En 2018 o colectivo República Bufa reformouse para resucitar publicando na revista 15/15\15 contidos de humor en castelán, galego e inglés.
republica_bufa.txt · Última modificación: por casdeiro