Planeta Galego
Enderezo
Acerca deste proxecto
-
Quixo ser o webzine de referencia da Diáspora Galega.
-
Nacera soportado en PostNuke e fora migrado a Wordpress.
O 10/10/2007 chegara aos 300 artigos publicados.
Tras varios intentos de reactivalo, hoxe en día esmorece sen actualizacións.
Foi migrado xunto co resto de blogs de Fillos de Galicia a Blogaliza dentro do proceso Fillos 5.0.
Por algunha migración mal realizada, a redirección do dominio á súa nova ubicación como blog en Blogaliza non funciona.
O magnífico deseño que fixera Martiño Picallo para a súa etapa PostNuke perdeuse no traspado a Blogaliza, aínda que nós fixéramos xa unha adaptación moi xeitosa da plantilla para a súa etapa como Wordpress aloxado no noso hosting, plantilla que Blogaliza non conservou.
A finais de agosto de 2013 descubrín que o blog na súa ubicación en Blogaliza xa non estaba accesible e saltaba para a capa, se cadra debido aos cambios que durante este ano está a sufrir Blogaliza.
Posteriormente ese problema resolveuse pero descubrín que se cadra desde xuño de 2012 o dominio non fora renovado, por algún erro, e que estaba de novo dispoñible.
En marzo de 2014 volvino rexistrar para Fillos de Galicia coa intención de reapuntalo correctamente ao blog correspondente en Blogaliza.
Últimas entradas publicadas neste blog