Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gios

Guía de Internet para organizacións sociais

Este proxecto de libro arrincou como idea a comezos de 2013 coa intención de axudar aos colectivos sociais galegos a coñecer mellor Internet e como aproveitar este medio de xeito estratéxico para acadaren os seus obxectivos.

Despois da Parcelaria é o meu 2º proxecto de crowdfunding, desta volta posto en marcha mediante a plataforma catalá Verkami, onde arrincou o 19 de abril de 2013 e onde, en 40 días, debe acadar a financiación mínima de aproximadamente 4.000 euros para publicar e distribuír unha primeira edición de 500 exemplares. Puxen en marcha ao mesmo tempo cá campaña de crowdfunding esta páxina no meu wiki e a hashtag en Twitter #GIOSgz.

A ligazón curta para a páxina do crowdfunding é http://is.gd/GIOSgz

Capa provisional da Guía de Internet para organizacións sociaisA que amoso aquí é a capa preliminar deseñada en abril de 2013 e a continuación figura o índice previsto de contidos:

  • INTRODUCIÓN.
    • A quen se dirixe esta guía.
    • Utilidade de Internet para as organizacións sociais.
    • Alcance e limitacións de Internet.
  • ALGÚNS CONCEPTOS BÁSICOS.
    • O acceso a Internet.
    • O correo electrónico.
    • Os nomes de dominio.
    • Os sitios web e o seu aloxamento.
    • As redes sociais online.
    • Redifusión de contidos: RSS.
    • Netiqueta.
    • Seguridade e privacidade.
    • Posicionamento e SEO.
    • Métricas e estatísticas.
  • INTERNET COMO FERRAMENTA DE USO INTERNO E PARA A COLABORACIÓN.
    • Introdución.
    • O correo electrónico.
    • As listas de correo electrónico.
    • As intranets.
    • Wikis e pads.
    • Procesos de debate e decisión online.
    • Xestión da información e do coñecemento.
    • Outros.
  • INTERNET COMO MEDIO PARA A COMUNICACIÓN EXTERNA E A DIFUSIÓN.
    • Introdución. Características de Internet como medio.
    • Vías para a promoción online.
    • Vías para a fidelización online.
    • Reputación online.
  • CIBERVOLUNTARIADO E CIBERACTIVISMO.
    • Voluntariado online.
    • Activismo online.
  • INTERNET COMO MEDIO PARA A CAPTACIÓN DE FONDOS.
    • Introdución.
    • Os medios de pagamento en Internet.
    • As tendas online.
    • Algúns conceptos sobre o fundraising.
    • O crowdfunding.
    • Outros.
  • A DEFINICIÓN E CONSTRUCIÓN DUN SITIO WEB.
    • O proceso.
    • Erros que evitarmos.
    • Alternativas.
    • Os blogs.
    • O mantemento e xestión dos webs e as redes sociais.
  • LEXISLACIÓN QUE AFECTA AOS PROXECTOS E ACTIVIDADES ONLINE.
    • Introdución.
    • Responsabilidade por contidos.
    • Propiedade intelectual.
    • Outras obrigas legais.
  • RISCOS E PROBLEMAS DE/EN INTERNET.
    • Introdución.
    • Uso abusivo e dependencia.
    • Acoso, trolling, flaming…
    • Incoherencia ética.
    • Limitacións de Internet.
    • Algunhas críticas a Internet e ás NTIC.
  • BOAS PRÁCTICAS E EXEMPLOS.
  • ONDE CONSEGUIR AXUDA.
  • GLOSARIO EN/ES/GL(ILG)/GL(AGAL).
  • AGRADECEMENTOS E ENTIDADES COLABORADORAS.

Actualizacións do proxecto en Verkami

gios.txt · Última modificación: 2013/04/19 07:30 por casdeiro