Posts Tagged «xornalismo»

Hoxe sentín náuseas. Son os efectos que che teñen no organismo as viaxes no tempo. A un tempo no que eu era un neno (ou mesmo atrás), os tempos do NO-DO e a máis bruda manipulación informativa das masas polo Réxime.

RTVE manipula as noticias sobre a central nuclear de GaroñaNo Telediario de TVE das 3 da tarde de hoxe, un titular anunciaba que o Goberno pechaba Garoña (no 2013). É dicir, a noticia dada a volta: o que comprería ter dito “O Goberno concede unha prórroga de 4 anos á central nuclear de Garoña malia ter superado a súa autorizada vida útil”… acababa poñendo ao goberno do PSOE como ecoloxista por pechala! Despois, no detalle da noticia mencionaban a cuestión da prórroga como de pasada e deixando absolutamente na inopia a quen non coñecese previamente o asunto, e trasmitindo unha falsa imaxe. Por se isto fose pouco, a noticia foi bruscamente interrumpida cando o xornalista que a gravara comezaba falar dos residuos produto da central e do seu tratamento. Na miña vida vira tal descarada manipulación dunha noticia.

…Hoxe foi o día que deixei de ver Televisión Española.