Posts Tagged «tren»

Dunha entrevista recente con Xosé Manuel Beiras:

Crise ambiental e enerxética pero as estradas multiplícanse e o tren retrocede. ¿Por que?

Acaba de inaugurarse unha autovía Santiago-Brión. Sería moito máis proveitoso e económico unha rede de proximidades. Moita xente prefiriría o coche para seguir co costume polo que habería que puxar por un cambio cultural que debe vir apoiado polo poder político. Namentres seguimos a falar da contaminación e do cambio climático sen que se dean pasos serios para evitalo. Pero ben son as compañías contaminates as que fan os anuncios verdes.

É reconfortante ver que en Galiza aínda quedan metes lúcidas como a de Beiras, que saben onde está o problema e que mentres non se colla de fronte e con decisión, todo o demais será perda dun tempo demasiado valioso.