Posts Tagged «ODP»

Segundo lemos no último boletín publicado pola ASPO (asociación internacional que estuda o cénit do petróleo), as vantaxes para calquera país (ou mesmo rexión ou municipio) que adopte o Oil Depletion Protocol (ODP) serían:

(…) un Protocolo de Esgotamento do Petróleo polo cal os importadores voluntariamente diminuísen as importacións de acordo coa Taxa de Esgotamento Mundial, actualmente en preto do 2,8% anual. Iso poñería a demanda mundial en equilibrio coa produción e reduciría os prezos poñendo fin á especulación motivada pola escaseza, sobre todo a poidan levar a cabo os gobernos de Oriente Medio (…). Isto permitiría aos países pobres do mundo custear as súas necesidades básicas.

Os importadores terían probablemente que introducir en consecuencia algún tipo de racionamento enerxético básico, pero a baixada do prezo mundial do petróleo que se producirían, sería como unha subvención para os agricultores e pescadores. Mentres que un Protocolo contra o Cambio Climático (Quioto), obriga a unha aceptación mundial, xa que o clima é compartido por todos, os países que adoptasen os principios do Protocolo de Esgotamento do Petróleo, atoparíanse xa só por iso cunha vantaxe sobre os países que non o adoptasen

(Baseada nunha tradución propia da carta modelo proposta polos promotores do Oil Depletion Protocol. Cuarta versión revisada.)

Estimado/a representente político/a dos cidadáns galegos:

O motivo desta carta é a miña preocupación acerca da nosa dependencia sistémica con respecto ao petróleo e os seus produtos derivados, e como o próximo declinar da produción mundial de petróleo vai afectar a todos os aspectos da vida galega, desde o trasporte á agricultura ou á tecnoloxía. Tamén quero urxir o apoio dos partidos políticos galegos á adopción, entroutras medidas, do Protocolo de Esgotamento do Petróleo, que está deseñado para mitigarmos estes efectos.
(more…)