Posts Tagged «fusións»

As presentes turbulencias financieiras e económicas, primeiros síntomas do derrubamento inevitable do sistema capitalista da acumulación imposible e do crecemento sen límites, traen de novo á mente dalgúns a tan falada fusión das caixas galegas. Este futurible fillo, que viría de penalti porque ninguén se preparou para el (no canto en Euskadi en previsión de futuras fusións as caixas provinciais non se pisan os respectivos territorios), como se había chamar? É unha reflexión que se cadra é tempo de facer. Velaquí a miña visión do asunto:

As caixas teñen 3 opcións:

  1. Optar por asumir o nome máis representativo das 2: é dicir, chamar á fusión Caixa Galicia.
  2. Optar por un nome que recolla os 2 orixinais: o híbrido que semella máis plausible sería Nova Caixa de Galicia, que debería usar a sigla NCG (enecegué) como nome máis comercial.
  3. Optar por un novo nome, que fose tan representativo ou case como Caixa Galicia, fóra coma dentro, pero que fose diferente dos nomes das 2 caixas proxenitoras: a mellor opción neste caso coido sería Caixa Galega.

Alguén se atreve con algunha outra predición sobre o nome do futurible vástago?