O crecemento non é sostible. Punto.
Escrito por: admin en En galego, Política, Social, tags: cénit do petróleo, ciencia, crise, economía, enerxía, g20, PolíticaLendo a reseña que fai Gabriel Tobar García sobre as conclusións (???) da reunión do G20 esta pasada fin de semana en Washington (a festa de despedida de Bush, vamos) non podo senón confirmarme na miña impresión de que a situación non ten saída: polo menos non desde arriba. Mentres as preclaras mentes que nos gobernan insistan en manter o dogma absurdo, ilóxico, anticientífico, de que nun sistema pechado (o noso finito planeta) é posible crecer ilimitada, indefinidamente consumindo recursos non renovables e enerxía fósil que xa se está a esgotar, realidades que calquera escolar pode comprender, non podemos esperar nada deles. Nada senón pisar máis o acelerador nesta suicida costa abaixo sen frenos que é o modelo económico mundial actual.

Entradas (RSS)