31
05
2008
Galiza sen petróleo
Escrito por: admin en En galego, Política, Social, tags: consumo, Economía, galiza, guerra, petróleo, Política, sustentabilidade
(ou máis rigorosamente… Galiza sen derivados do petróleo barato. Artigo escrito esquematicamente seguindo as recomendacións de escritura para Web de Jakob Nielsen.)
Situación actual:
- Encarecemento exponencial dos combustibles fósiles. Probablemente permanente <- Cénit da produción de petróleo.
- Economía entrando en profunda crise.
- Estado desarmado (normas da UE, liberalización, privatización…).
- Crecemento continuado imprescindible para soster o sistema económico.
- Economía especulativa.
- Crise da democracia.
Posibles consecuencias a medio-longo prazo:
- Destrución masiva de emprego.
- Destrución de tecido produtivo.
- Reversión da mundialización.
- Guerras polos recursos.
- Hiperinflación. Estanflación.
- Colapso do sistema bancario.
- Crack das bolsas.
- Colapso do Estado.
- Rexordimento do fascismo.
- Fame.
- Epidemias.
- Danos ecolóxicos: pulo do carbón, enerxía nuclear…
Transición precisa a medio prazo (pero que precisa medidas urxentes desde xa):
| Agora | Cambio que precisa Galiza |
|---|---|
| Economía especulativa | Economía produtiva |
| Produción orientada á exportación | Produción autocentrada |
| Turismo masivo en avión | Turismo reducido en tren |
| Autoestradas | Ferrocarril |
| Agricultura industrial | Agricultura ecolóxica |
| Gandeiría industrial | Gandeiría tradicional |
| I+D | Recuperación do saber tradicional |
| Importación/exportación de alimentos | Soberanía alimentar |
| Abandono do rural | Retorno ao campo |
| Produción eléctrica centralizada | Produción eléctrica local |
| Abuso do coche | Trasporte público eficiente |
| Hipermobilidade | Mobilidade imprescindible |
| Traballo lonxe da casa | Traballo preto da casa |
| Combustibles fósiles | Biomasa |
| Incineración de residuos | Compostaxe |
| Grandes superficies | Tendas locais |
| Usar e desbotar | Reciclar |
| Mundialización | Relocalización |
| Moeda única | Moedas locais, troco |
| Multinacionais | Pequenas empresas |
| Competitividade | Cooperación + mercado local |
| Grandes áreas urbanas | Vilas |
| Política “común” | Política autónoma |





Entradas (RSS)