Archivo de la Categoría Social

A Alianza Anticapitalista Galega para ao 2009 estase a conformar. Coido que os poetas galegos máis comprometidos política e socialmente deberían estar presentes nos grupos de traballo desta rede que definan estratexias de comunicación.

Por que?

(more…)

A convocatoria posterior ao FSGal que nos ha xuntar mañá en Compostela para comezarmos falar entre movementos sociais e activistas a título individual, deume a ocasión de plasmar unha serie de propostas na liña do que defendía no meu último post. Velaquí o que propoño de cara a un Plano de Acción Anticapitalista na Galiza no ano a piques de comezar:

(more…)

Cando escribo isto veño de escoitar as intervencións da asemblea que puxo fin ao Foro Social Galego. Quedoume claro o acordo xeral entre os movementos sociais galegos de que é preciso e urxente aproveitarmos a ventá de oportunidade que se abre a crise actual para pasarmos definitivamente á acción. Mais quero engadir algunha reflexión ao respecto, feita coa calma dunha mente xa algo máis descansada…
(more…)

A crise actual ocupa os medios de comunicación de masas de maneira cotiá desde hai semanas. Pero a faciana que se nos amosa neles é case exclusivamente a financieira-económica. Pouco sae á luz e ao debate público sobre un compoñente subxacente de crucial importancia: os límites do medre perpetuo capitalista. Entre eses límites hai un que salienta: o da produción mundial de petróleo.

(more…)

Lendo a reseña que fai Gabriel Tobar García sobre as conclusións (???) da reunión do G20 esta pasada fin de semana en Washington (a festa de despedida de Bush, vamos) non podo senón confirmarme na miña impresión de que a situación non ten saída: polo menos non desde arriba. Mentres as preclaras mentes que nos gobernan insistan en manter o dogma absurdo, ilóxico, anticientífico, de que nun sistema pechado (o noso finito planeta) é posible crecer ilimitada, indefinidamente consumindo recursos non renovables e enerxía fósil que xa se está a esgotar, realidades que calquera escolar pode comprender, non podemos esperar nada deles. Nada senón pisar máis o acelerador nesta suicida costa abaixo sen frenos que é o modelo económico mundial actual.

Mi banco me ha enviado este simpático mensaje de correo electrónico:

Buenos días:

Estamos en una promoción conjunta con [nombre de la aseguradora] y con la correduría de [nombre del banco], realizando simulaciones y sorprendiendo gratamente en cuanto coberturas y precios, a ver si tenemos suerte y te podemos mejorar sustancialmente la que tienes ahora en vigor.

Sólo tienes que enviarme los cinco últimos dígitos de la póliza, el modelo, caballos, motor, color y datos personales del tomador, y te enviaré un presupuesto que espero sea de tu interés.

Muchas gracias por tu atención.

UN abrazo,

Me fastidia que den por supuesto que tengo coche sin tener ningún argumento para ello. Señores de los bancos, se puede vivir sin coche: yo no lo tengo ni quiero tenerlo.

Otro tipo de movilidad es posible: de hecho, otra movilidad es necesaria… es urgente, si queremos salvar el clima, y con él a nosotros mismos, y si queremos estar preparados para un futuro cercano sin combustibles fósiles a nuestro alcance para alimentar a estos monstruos del absurdo, del consumismo y de la ineficiencia que son los automóviles privados.

Aínda que adoito ser moi crítico coa acción do goberno galego, que semella estar dirixida sen ter para nada en conta os problemas que a todos os niveis van afectar á sociedad galega a raíz do cénit do petróleo, hai uns intres puiden comprobar que algún atisbo de racionalidade nalgunha consellaría pode encaixar coa necesaria lóxica política re-localizadora que se precisa para afrontar o problema.

Alfredo Suárez CanalNunha entrevista no programa Crónica da Radio Galega, o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, apostaba por recuperar o sistema de alimentación do gando que sempre funcionou en Galiza: a forraxe producida localmente, como maneira de superar o atranco do prezo dos pensos producidos fóra, e que está na base do actual e recurrente problema dos custos do leite.

Recuperar mediante o aproveitamente do Banco de Terras as terras improdutivas para producirmos alimento local e san para o noso gando de leite, só poderá redundar nunha economía máis sólida (nun momento de crise sistémica imparable) e nunha maior soberanía alimentar do noso país.

Agora só cabe esperar que o goberno galego poña todo o que ten que poñer da súa banda para convertir esta idea nunha realidade socioeconómica e que outras consellarías comecen a aplicar esta mesma lóxica racional e local.

Dunha entrevista recente con Xosé Manuel Beiras:

Crise ambiental e enerxética pero as estradas multiplícanse e o tren retrocede. ¿Por que?

Acaba de inaugurarse unha autovía Santiago-Brión. Sería moito máis proveitoso e económico unha rede de proximidades. Moita xente prefiriría o coche para seguir co costume polo que habería que puxar por un cambio cultural que debe vir apoiado polo poder político. Namentres seguimos a falar da contaminación e do cambio climático sen que se dean pasos serios para evitalo. Pero ben son as compañías contaminates as que fan os anuncios verdes.

É reconfortante ver que en Galiza aínda quedan metes lúcidas como a de Beiras, que saben onde está o problema e que mentres non se colla de fronte e con decisión, todo o demais será perda dun tempo demasiado valioso.

o bng inviste no xacobeu 2010Diante das medidas que anuncia a parte beneguista do goberno galego, eu pregúntome en que medida encaixan co que convén a Galiza nun momento no que a costa abaixo da crise terminal do capitalismo se comeza a facer máis abrupta grazas ao final do petróleo barato. Nomeadamente neste punto que puiden ler en GZnacion.com (e con máis detalla no propio web do Bloque):

-Quintana anunciou outra implementación de 100 millóns de euros para que o Plan Xacobeo de 2010 comeza “xa a rodar” no último trimestre deste ano, con fin de paliar os efectos da crise tamén no sector turístico.

(more…)

…y los productores de vino de aquel reino, quejándose de que sufrían constantes robos en sus bodegas, convencieron a los que mandaban para que todo aquel que poseyese un vaso, bota, jarra, botijo o cualquier otro recipiente suscentible de contener vino potencialmente robado de sus bodegas… pagase un canon a los vinateros, sin importar si realmente lo usaban para beber vino que hubiesen comprado, que fabricasen ellos en su casa, o el agua que salía del grifo.