Archivo de la Categoría Política
Escrito por: admin en Ciberactivismo, Cultura, En galego, Política, Social, tags: activismo, anticapitalismo, comunicación, desenvolvemento, economía, galiza, guerrilla da comunicación, linguaxe, metáfora, naredo, poesía, semiótica
A Alianza Anticapitalista Galega para ao 2009 estase a conformar. Coido que os poetas galegos máis comprometidos política e socialmente deberían estar presentes nos grupos de traballo desta rede que definan estratexias de comunicación.
Por que?
(more…)
5 Comentarios »
Escrito por: admin en Ciberactivismo, En galego, Política, Social, economía, tags: activismo, anticapitalismo, capitalismo, democracia directa, economía, galiza, gl, ideas, propostas
A convocatoria posterior ao FSGal que nos ha xuntar mañá en Compostela para comezarmos falar entre movementos sociais e activistas a título individual, deume a ocasión de plasmar unha serie de propostas na liña do que defendía no meu último post. Velaquí o que propoño de cara a un Plano de Acción Anticapitalista na Galiza no ano a piques de comezar:
(more…)
2 Comentarios »
Cando escribo isto veño de escoitar as intervencións da asemblea que puxo fin ao Foro Social Galego. Quedoume claro o acordo xeral entre os movementos sociais galegos de que é preciso e urxente aproveitarmos a ventá de oportunidade que se abre a crise actual para pasarmos definitivamente á acción. Mais quero engadir algunha reflexión ao respecto, feita coa calma dunha mente xa algo máis descansada…
(more…)
2 Comentarios »
Escrito por: admin en Ciberactivismo, En galego, Política, Social, economía, tags: capitalismo, cénit do petróleo, crecemento, crise, economía, Política, sociedad
A crise actual ocupa os medios de comunicación de masas de maneira cotiá desde hai semanas. Pero a faciana que se nos amosa neles é case exclusivamente a financieira-económica. Pouco sae á luz e ao debate público sobre un compoñente subxacente de crucial importancia: os límites do medre perpetuo capitalista. Entre eses límites hai un que salienta: o da produción mundial de petróleo.
(more…)
7 Comentarios »
Lendo a reseña que fai Gabriel Tobar García sobre as conclusións (???) da reunión do G20 esta pasada fin de semana en Washington (a festa de despedida de Bush, vamos) non podo senón confirmarme na miña impresión de que a situación non ten saída: polo menos non desde arriba. Mentres as preclaras mentes que nos gobernan insistan en manter o dogma absurdo, ilóxico, anticientífico, de que nun sistema pechado (o noso finito planeta) é posible crecer ilimitada, indefinidamente consumindo recursos non renovables e enerxía fósil que xa se está a esgotar, realidades que calquera escolar pode comprender, non podemos esperar nada deles. Nada senón pisar máis o acelerador nesta suicida costa abaixo sen frenos que é o modelo económico mundial actual.
2 Comentarios »
¿Por qué tras tantos años de demostrarnos Internet que puede servir para librarnos de la intermediación comercial en un montón de sectores, aún no han permitido que la usemos para eliminar la intermediación que suponen los partidos políticos y las instituciones de la democracia representativa? Es hora de usar Internet para poner las decisiones en manos de la gente: es hora de la Democracia Directa.
No Hay Comentarios »
Escrito por: admin en En galego, Política, tags: bng, crecemento, crise, economía, galiza, modelo económico, Política, psdeg, touriño
O pasado día 16 presentou Touriño os orzamentos cos que Galiza vai facer fronte (?) á crise o ano que ven. Simplemente lendo 2 frases das súas declaracións daquel día quédanos claro que non aceptan cal é o verdadeiro problema e polo tanto non van aplicar as receitas axeitadas:
“Seremos capaces de crear y crecer más deprisa que España”. Seguimos obsesionados co mito do crecemento perpetuo, e así non imos a ningures senón más ás presas cara ao abismo.
“…un instrumento útil para que Galicia no cambie de modelo económico…” Iso é: aferrémonos a este modelo sen futuro, inviable e insustentable, e afundamos a toda a sociedade galega con el.
Decepcionante. Case criminal diría eu; e non son o único:
"una economía como la estadounidense necesitaría al menos 20 años para adaptarse sin traumas excesivos a la era post-petróleo. O sea que, en la práctica, cualquier demora en abordar la transición energética es irresponsable, por no decir criminal, tanto si ya estamos en el pico de petróleo como si no."
Joaquim Sempere (2008)
“Creo que seguir hablando de que el crecimiento es bueno, indispensable para nuestro bienestar, necesario para conservar los puestos de trabajo existentes y aumentarlos, etc. es una irresponsabilidad increíble. Y sin embargo, no hay más que leer o escuchar lo que dicen nuestros líderes políticos y económicos (y también sindicales), que no sólo no luchan contra el dogma del crecimiento, sino que lo alimentan sin cesar. Vamos muy mal.”
Joaquim Sempere (2008)
No Hay Comentarios »
Nun recente artigo que lin en Diagonal falando do caso estremeño, vin reflectido o que dunha maneira ou doutra xa veño comentando nas páxinas deste blog: o atraso socioeconómico de Galiza pode rematar convertíndose ironicamente nunha vantaxe, nunha oportunidade histórica.
El ‘atraso’ como oportunidad de ecodesarrollo
El atraso económico extremeño está siendo reinterpretado por el ambientalismo como una oportunidad para el cambio radical de estructura económica que la actual crisis sistémica demanda. La región cuenta todavía con un importante sector primario y un alto porcentaje de población rural, ecosistemas agrarios hortícolas, frutícolas, cerealísticos productivos y aún no muy contaminados, susceptibles de transformación progresiva a modelos ecológicos de producción. Olivares, viñedos, dehesas que son un tesoro económico, ecológico y cultural. Unos pueblos en crisis, pero aún vivos en los que se puede rastrear los antiguos conocimientos y prácticas del manejo blando de los ecosistemas… El futuro de la región pasa por la revitalización y transformación ecoeficiente del sector agroganadero y los espacios rurales, por la conservación de su rico mosaico de paisajes. Otro activo importante son los bosques del norte, auténticos pulmones verdes, que pueden desarrollarse mucho más : con prevención de incendios, ganadería extensiva, mejoras y aprovechamientos silvícolas.
Esa situación é moi doadamente trasladable ao caso galego, aínda con mellores oportunidades cá comunidade cahtúa, coido eu.
Como di unha das citas que tirei da novela de Darío Xohán Cabana, O cervo na torre…
- (…) Tivemos sorte, dentro da calamidade. Polo menos aínda había unha consciencia da terra… No fondo, eramos aínda unha nación campesiña. O campesiño agárrase á terra e aguanta.
Destruirmos esas características consideradas miopemente ata o de agora de atraso, suporía perder a mellor oportunidade que ten o noso país de sobrevivir nun contexto postindustrial como o que anuncia do cénit do petróleo. Seremos tan estúpidos?
No Hay Comentarios »
As presentes turbulencias financieiras e económicas, primeiros síntomas do derrubamento inevitable do sistema capitalista da acumulación imposible e do crecemento sen límites, traen de novo á mente dalgúns a tan falada fusión das caixas galegas. Este futurible fillo, que viría de penalti porque ninguén se preparou para el (no canto en Euskadi en previsión de futuras fusións as caixas provinciais non se pisan os respectivos territorios), como se había chamar? É unha reflexión que se cadra é tempo de facer. Velaquí a miña visión do asunto:
As caixas teñen 3 opcións:
- Optar por asumir o nome máis representativo das 2: é dicir, chamar á fusión Caixa Galicia.
- Optar por un nome que recolla os 2 orixinais: o híbrido que semella máis plausible sería Nova Caixa de Galicia, que debería usar a sigla NCG (enecegué) como nome máis comercial.
- Optar por un novo nome, que fose tan representativo ou case como Caixa Galicia, fóra coma dentro, pero que fose diferente dos nomes das 2 caixas proxenitoras: a mellor opción neste caso coido sería Caixa Galega.
Alguén se atreve con algunha outra predición sobre o nome do futurible vástago?
4 Comentarios »
Aínda que adoito ser moi crítico coa acción do goberno galego, que semella estar dirixida sen ter para nada en conta os problemas que a todos os niveis van afectar á sociedad galega a raíz do cénit do petróleo, hai uns intres puiden comprobar que algún atisbo de racionalidade nalgunha consellaría pode encaixar coa necesaria lóxica política re-localizadora que se precisa para afrontar o problema.
Nunha entrevista no programa Crónica da Radio Galega, o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, apostaba por recuperar o sistema de alimentación do gando que sempre funcionou en Galiza: a forraxe producida localmente, como maneira de superar o atranco do prezo dos pensos producidos fóra, e que está na base do actual e recurrente problema dos custos do leite.
Recuperar mediante o aproveitamente do Banco de Terras as terras improdutivas para producirmos alimento local e san para o noso gando de leite, só poderá redundar nunha economía máis sólida (nun momento de crise sistémica imparable) e nunha maior soberanía alimentar do noso país.
Agora só cabe esperar que o goberno galego poña todo o que ten que poñer da súa banda para convertir esta idea nunha realidade socioeconómica e que outras consellarías comecen a aplicar esta mesma lóxica racional e local.
No Hay Comentarios »
|