Archivo de la Categoría Lingua

Xa había tempo que quería plasmar esta idea graficamente. Estes diagramas de Venn representan os conxuntos de léxico, fonética e regras gramaticais que constitúen 3 idiomas: o galego (GL), o portugués (PT) e mais o castelán (ES). As interseccións destes conxuntos son as partes comúns a cada par de idiomas (palabras, construcións, fonemas…).

O primeiro deles representa a situación de partida:

Situación de partida na castrapización

E o seguinte o resultado do actual proceso de dialectización (castrapización) do idioma galego, eliminando léxico, fonética e construcións gramaticais de seu e comúns co portugués, e a adopción de formas castelás, alleas ao idioma de partida.

Proceso da castrapización