Contra a crise capitalista... revolta ¿anarquista? ¿socialista? Respondendo ao comentario que Mandián deixaba ao meu anterior post, lembrei que tiña pendente de subir esta foto. Está nunha das rúas que unen Rosalía de Castro coa Avenida Mestre Mateo (tamén coñecida como Camiño Novo) de Barcelona en Compostela: a rúa Ánxel Baltar.

Se a ides ver agora, xa hai unha terceira opción, que risca a de socialista: revolta… irmandiña! ;-D

3 Respuestas a “Pintada: “Contra a crise capitalista… revolta ¿anarquista? ¿socialista?””
  1. magnummare dice:

    XD XD Que bo! Non hai quen nos poña de acordo!! :)

  2. admin dice:

    …Pois a risco de parecer que varro para casa… eu diría que si hai algo que poida poñer de acordo TODAS as “revoltas”: a Democracia Directa. Non si que si? ;-)

  3. admin dice:

    Mágoa. A tri-pintada morreu asulagada por una capa de censura amarela contrarrevolucionaria :-(

    Coido que deberon ir borrando pintadas para lle lavar a cara a Compostela de cara ás festas porque tamén outras pintadas próximas no Camiño Novo sufriron igual sorte. Cidade en festas, cidade amordazada.

Deja una Respuesta