Medio Rural e o problema de base no conflito do leite
Escrito por: admin en En galego, Política, Social, tags: agricultura, cénit do petróleo, Economía, gandeiría, leite, medio rural, ruralAínda que adoito ser moi crítico coa acción do goberno galego, que semella estar dirixida sen ter para nada en conta os problemas que a todos os niveis van afectar á sociedad galega a raíz do cénit do petróleo, hai uns intres puiden comprobar que algún atisbo de racionalidade nalgunha consellaría pode encaixar coa necesaria lóxica política re-localizadora que se precisa para afrontar o problema.
Nunha entrevista no programa Crónica da Radio Galega, o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, apostaba por recuperar o sistema de alimentación do gando que sempre funcionou en Galiza: a forraxe producida localmente, como maneira de superar o atranco do prezo dos pensos producidos fóra, e que está na base do actual e recurrente problema dos custos do leite.
Recuperar mediante o aproveitamente do Banco de Terras as terras improdutivas para producirmos alimento local e san para o noso gando de leite, só poderá redundar nunha economía máis sólida (nun momento de crise sistémica imparable) e nunha maior soberanía alimentar do noso país.
Agora só cabe esperar que o goberno galego poña todo o que ten que poñer da súa banda para convertir esta idea nunha realidade socioeconómica e que outras consellarías comecen a aplicar esta mesma lóxica racional e local.
Entradas (RSS)