A necesaria crítica ao AVE en Galiza
Escrito por: admin en En galego, Política, Social, tags: ave, bng, galiza, pp, psdeg, sustentabilidade, territorio, trasporte, trenXa anteriormente nas páxinas deste blog toquei o tema do AVE e da sorprendente falta de crítica en Galiza, cando menos nos medios de masas e nos 3 partidos maioritarios. Agradécese xa que logo a interesante análise que trae o último número da revista Tempos Novos (que por fin ten unha versión online como era preciso: parabéns!:
Desque se chantara sobre o mapa galego, en 1995, o trazado dun tren de alta velocidade, a rémora adoitou ser a de cando levalo, á fin, do papel ao territorio. Ao contrario, agora xurde a ameaza de que se cumpra o tan arelado AVE. Coa chegada do novo camiño de ferro, o un polas outras, desaparecerán cincuenta e sete estacións e outro medio cento ficarán en estudo. Sálvanse as de grandes cidades, malia marxinarse seriamente Lugo, e as das localidades que serven de elo, coma Monforte, Tui ou Betanzos. Nin entre Madrid e Sevilla, nin entre Córdoba e Málaga, nin no percorrido Madrid-Zaragoza-Barcelona, o AVE supuxo a desfeita das liñas anteriores de media distancia. Cuxo billete custa, ademais, dúas ou tres veces menos. Se o tren de alta velocidade engule a xa precaria rede ferroviaria de Galiza, sería solución ou máis ben problema? O proxecto do AVE aumenta as eivas de conexión interna do territorio?
(A negriña é miña. Por certo, coido que queren dicir que o billete custa 2 ou 3 veces… máis.)
Como ordearmos o territorio sacrificando o medio de trasporte tanto de pasaxeiros como de mercadorías máis sustentable que temos? Esta á unha máis das contradicións dunha Xunta que semella máis preocupada en salvar os intereses dunhas elites e dunhas empresas -as da construción- que en realizar un troco de modelo de sociedade cara á sustentabilidade.
Entradas (RSS)
Julio 21st, 2008 a las 12:12 pm
Carta da plataforma Salva o Tren, en Vieiros.
Septiembre 13th, 2008 a las 8:05 pm
Noutros países están a espertar e danse conta do vital que é o tren para loitar contra un petróleo que non vai deixar de subir a medio e longo prazo: Claman rehabilitación de servicio ferroviario ante suba de petróleo (Paraguay)
Mayo 20th, 2009 a las 12:16 pm
Onte non escoitastes a Jorquera na Radio Galega dicir que o AVE é unha infraestrutura que “lle vai servir a Galiza para sempre”?!? Literalmente, oes! Eu é que me escarallo!