Para a Xunta o cénit do petróleo é unha cuestión do conselleiro de Economía
Escrito por: admin en En galego, Política, Social, tags: Economía, petróleo, psdeg, touriño, xuntaHai xa uns cantos días enviar ao e-mail da presidencia da Xunta unha consulta para ver que medidas estaba a tomar o goberno galego para estudar o impacto que vai ter sobre Galiza o cénit do petróleo. Decepciona ver que simplemente o trasladan á Consellaría de Economía. Empezamos mal se non o consideran un tema trasversal e que atinxe polo tanto directamente ao presidente da Xunta:
At/t: don Manuel Casal
Acuso o recibo, no nome do Sr. Presidente da Xunta de Galicia, do seu correo electrónico onde nos manifesta a súa preocupación pola subida do petroleo.
Comunícolle que dende esta Secretaría Xeral dáse traslado da documentación ao conselleiro de Economía e Facenda, por ser o órgano de goberno competente nesta materia.Reciba un cordial saúdo,
Gumersindo Guinarte Cabada
Secretario xeral da Presidencia
Entradas (RSS)