31
05
2008
Galiza sen petróleo
Escrito por: casdeiro en Colapso, En galego, Política, Social, tags: consumo, Economía, galiza, guerra, petróleo, Política, sustentabilidade
(ou máis rigorosamente… Galiza sen derivados do petróleo barato. Artigo escrito esquematicamente seguindo as recomendacións de escritura para Web de Jakob Nielsen.)
Situación actual:
- Encarecemento exponencial dos combustibles fósiles. Probablemente permanente <- Cénit da produción de petróleo.
- Economía entrando en profunda crise.
- Estado desarmado (normas da UE, liberalización, privatización…).
- Crecemento continuado imprescindible para soster o sistema económico.
- Economía especulativa.
- Crise da democracia.
Posibles consecuencias a medio-longo prazo:
- Destrución masiva de emprego.
- Destrución de tecido produtivo.
- Reversión da mundialización.
- Guerras polos recursos.
- Hiperinflación. Estanflación.
- Colapso do sistema bancario.
- Crack das bolsas.
- Colapso do Estado.
- Rexordimento do fascismo.
- Fame.
- Epidemias.
- Danos ecolóxicos: pulo do carbón, enerxía nuclear…
Transición precisa a medio prazo (pero que precisa medidas urxentes desde xa):
| Agora | Cambio que precisa Galiza |
|---|---|
| Economía especulativa | Economía produtiva |
| Produción orientada á exportación | Produción autocentrada |
| Turismo masivo en avión | Turismo reducido en tren |
| Autoestradas | Ferrocarril |
| Agricultura industrial | Agricultura ecolóxica |
| Gandeiría industrial | Gandeiría tradicional |
| I+D | Recuperación do saber tradicional |
| Importación/exportación de alimentos | Soberanía alimentar |
| Abandono do rural | Retorno ao campo |
| Produción eléctrica centralizada | Produción eléctrica local |
| Abuso do coche | Trasporte público eficiente |
| Hipermobilidade | Mobilidade imprescindible |
| Traballo lonxe da casa | Traballo preto da casa |
| Combustibles fósiles | Biomasa |
| Incineración de residuos | Compostaxe |
| Grandes superficies | Tendas locais |
| Usar e desbotar | Reciclar |
| Mundialización | Relocalización |
| Moeda única | Moedas locais, troco |
| Multinacionais | Pequenas empresas |
| Competitividade | Cooperación + mercado local |
| Grandes áreas urbanas | Vilas |
| Política “común” | Política autónoma |
Entradas (RSS)
May 31st, 2008 a las 12:55 pm
Máis información:
May 31st, 2008 a las 7:48 pm
Galiza podería estar relativamente preparada para o futuro, paradoxalmente, grazas ao seu relativo atraso e configuración socioxeográfica:
(Teoría do Lugar Central, en Wolf at the Door)
Seica non está describindo en boa medida un país como o noso? Hai por tanto motivos para a esperanza (cando menos en Galiza). Pero non podemos estragalos!!
May 31st, 2008 a las 8:13 pm
En India deixan os tractores e volven aos camelos. Tardaremos en volver ver burros, bois, cabalos traballando nas nosas leiras e montañas?
June 3rd, 2008 a las 7:45 pm
[...] « Galiza sen petróleo 03 06 2008 [...]
June 3rd, 2008 a las 8:04 pm
Perante unha consulta que deixei nos foros de CulturaMaritima.org recibín algunha resposta sobre a viabilidade de volver aínda que fose parcialmente á vela para a pesca de baixura. Grazas aos que responderon!
June 3rd, 2008 a las 8:12 pm
O Banco de Terras de Galiza paréceme unha ferramenta tremendamente útil no contexto que se achega no que moita xente quererá buscar un refuxio para o autosubstento no rural. Quizáis aínda sexa demasiado cativa a oferta para toda a demanda que se prevé e o sistema morra de éxito. Esperemos que aínda que non fose creado para isto, lle poidamos sacar proveito.
June 4th, 2008 a las 1:18 pm
[...] na torre, de Darío Xohán Cabana, coa cuestion do cénit do petróleo en mente e tentando albiscar o posible futuro do noso país nesta novela ¿de anticipación? Velaquí comezo algúns extractos que me parecen especialmente [...]
June 4th, 2008 a las 6:57 pm
Sobre o da reversión da mundialización (mal chamada “globalización”, nun deleznable calco do inglés) velaquí tedes a tradución ao castelán dun interesante artigo, publicado nun web canario sobre a cuestión do esgotamento do petróleo.
June 4th, 2008 a las 7:00 pm
Copio aquí a xeito de resume, un extracto do devandito artigo:
June 4th, 2008 a las 7:11 pm
Que estupidez maiúscula están facendo na mina de Meirama!!! Dentro de pouco hanse tirar dos pelos cando haxa que sacar de aí toda esa auga para volver poñer a mina en produción para queimar o noso vello e suxo carbón!!! Por suposto esa auga quedará contaminada e xa veremos que fan con ela…
Non hai maneira de deter ese proxecto?!?!?
June 4th, 2008 a las 8:17 pm
Ollade o que comenta un asiduo no foro de CrisisEnergetica.org:
E adaptando iso a Galiza… en que posición estamos, levo tempo preguntádome eu?
June 14th, 2008 a las 7:19 pm
Copio aquí un fragmento da páxina titulada “El mundo ante el cénit del petróleo”, do wiki de CrisisEnergetica.org:
Coido que apunta no mesmo sentido que o texto que eu elaborei pensando nos efectos a nivel galego.
June 14th, 2008 a las 7:33 pm
Sobre a cuestión do cambio de modelo agrogandeiro industrial ao pequeno-tradicional-ecolóxico vid. http://www.relocalize.net/small_farmers_are_20_times_more_productive_than_large_ones
September 13th, 2008 a las 8:42 pm
Zac Goldsmith, do partido conservador británico, tamén prevé unha inevitable re-localización da economía e da produción de alimentos. É clave esta tendencia e todo planeamento público que non a teña en conta, será irresponsable:
March 4th, 2011 a las 9:38 pm
[...] Non poderemos facer pervivir a clase obreira despois do petróleo, pero si que podemos axudar a (re)nacer unha meirande clase labrega, digna e forte, que será a columna vertebral dunha Galiza sen petróleo. [...]
January 1st, 2012 a las 12:50 pm
Seguimos con estas cuestións en http://vesperadenada.org e mais en http://www.cenit-del-petroleo.info