Archivo de Mayo 2008

Tractor(ou máis rigorosamente… Galiza sen derivados do petróleo barato. Artigo escrito esquematicamente seguindo as recomendacións de escritura para Web de Jakob Nielsen.)

Situación actual:

  • Encarecemento exponencial dos combustibles fósiles. Probablemente permanente <- Cénit da produción de petróleo.
  • Economía entrando en profunda crise.
  • Estado desarmado (normas da UE, liberalización, privatización…).
  • Crecemento continuado imprescindible para soster o sistema económico.
  • Economía especulativa.
  • Crise da democracia.

Posibles consecuencias a medio-longo prazo:

  • Destrución masiva de emprego.
  • Destrución de tecido produtivo.
  • Reversión da mundialización.
  • Guerras polos recursos.
  • Hiperinflación. Estanflación.
  • Colapso do sistema bancario.
  • Crack das bolsas.
  • Colapso do Estado.
  • Rexordimento do fascismo.
  • Fame.
  • Epidemias.
  • Danos ecolóxicos: pulo do carbón, enerxía nuclear…

Transición precisa a medio prazo (pero que precisa medidas urxentes desde xa):

Agora Cambio que precisa Galiza
Economía especulativa Economía produtiva
Produción orientada á exportación Produción autocentrada
Turismo masivo en avión Turismo reducido en tren
Autoestradas Ferrocarril
Agricultura industrial Agricultura ecolóxica
Gandeiría industrial Gandeiría tradicional
I+D Recuperación do saber tradicional
Importación/exportación de alimentos Soberanía alimentar
Abandono do rural Retorno ao campo
Produción eléctrica centralizada Produción eléctrica local
Abuso do coche Trasporte público eficiente
Hipermobilidade Mobilidade imprescindible
Traballo lonxe da casa Traballo preto da casa
Combustibles fósiles Biomasa
Incineración de residuos Compostaxe
Grandes superficies Tendas locais
Usar e desbotar Reciclar
Mundialización Relocalización
Moeda única Moedas locais, troco
Multinacionais Pequenas empresas
Competitividade Cooperación + mercado local
Grandes áreas urbanas Vilas
Política “común” Política autónoma