• En castellano
  • En galego
  • In English
  • Temas
    • Breves
    • Ciberactivismo
    • Colapso
    • Cultura
    • De todo
    • Economía
    • Lingua
    • Literatura
    • Política
    • Sluagh-ghairm
    • Social
    • Meta
  • Citas
  • Inicio
  • Sobre este blog

De(s)varia materia

Textos de Manuel Casal Lodeiro, (a) Casdeiro

Menu
  • En castellano
  • En galego
  • In English
  • Temas
    • Breves
    • Ciberactivismo
    • Colapso
    • Cultura
    • De todo
    • Economía
    • Lingua
    • Literatura
    • Política
    • Sluagh-ghairm
    • Social
    • Meta
  • Citas
 › Colapso › En galego › Política › Social › Principio de precaución vs. Falacia do presente permanente

Principio de precaución vs. Falacia do presente permanente

casdeiro 2018/12/06     1 comentario    

(Versión completa do artigo publicado na revista Luzes no seu nº 62, de novembro de 2018, co título de «O presente non será permanente«)

A práctica totalidade das políticas públicas deseñadas e postas en andamento na actualidade en calquera país do mundo, aséntase sobre unha falacia lóxica: considerar que, mutatis mutandis, todo vai ser como até o de agora. Aínda por riba isto atenta fondamente contra un principio supostamente sagrado, malia non exento de polémicas permanentes encol da súa aplicación, na política moderna: o principio de precaución.

Todos temos unha idea intuitiva da importancia da precaución, e coñecemos casos nos que se aplica, como principio, ás políticas públicas, nomeadamente no que atinxe ao medio ambiente e á saúde pública. Moito máis descoñecida, porén, é a falacia que o pensador ecoloxista británico David Fleming denominara “the Fallacy of the Permanent Present” (no seu libro Lean Logic: A Dictionary For the Future) e pola que se lle dá un peso indebido ás condicións do presente cando temos que considerar unha opción con consecuencias a longo prazo.

Capa do libro e fotografía de David FlemingPoñamos algúns exemplos coñecidos por todos: cando se decide ampliar aeroportos, dando por descontado que vai seguir habendo un nivel de vós comerciais tan masivo coma hoxe, e sen ter a precaución de analizar se o combustible que o fai posible vai seguir estando aí dentro de 5, 10 ou 20 anos. Cando se constrúe cun material, o formigón, con data de caducidade (entre 50 e 100 anos, dependendo de diversas circunstancias), dando por seguro que haberá capacidade (material, enerxía, cartos) no futuro para manter esas construcións ou para botalas abaixo de maneira controlada para as substituír por outras. Cando se constrúen autovías, partindo da premisa de que sempre haberá tantos coches circulando como agora ou aínda máis, sen pensar na sustentabilidade ou non da súa circulación baseada en petróleo e sen botar números acerca da viabilidade ou non de mover semellante parque con outros combustibles. Cando se enterran terras fértiles baixo cemento e asfalto, ou se promove a destrución do territorio con megaminaría ou con monocultivos de especies coma o eucalipto, pensando que non precisamos a terra nin os montes para vivir, porque sempre imos ter nos supermercados comida dabondo chegada de calquera lugar do mundo menos estragado ca o noso. Cando se fomenta o desprecio polo mundo rural e se valora como superior o moderno e urbano nos nosos sistemas educativos e nos medios de comunicación, como se nunca máis tivésemos que dedicarnos á produción de alimentos a maioría da poboación, como se houbese a máis mínima garantía de que o abandono do rural non ten volta atrás. Cando se constrúen centrais nucleares, partindo da temeraria premisa de que as xeracións futuras xa inventarán algún sistema para manter a bo recaudo os residuos radiactivos que xeran… Este podería ser un exemplo extremo da falacia do presente permanente, pois estase dando por seguro que milleiros de xeracións futuras han manter esa capacidade, non soamente a dos fillos e a dos nosos netos. Neste sentido, semellan moito máis cabais, moito máis sensatas, culturas como a dos indios norteamericanos (eses bábaros peles-vermellas) que tiñan en conta polo menos até a sétima xeración que viña atrás deles antes de tomar calquera decisión colectiva. Nós somos tan listos, tan modernos e tan avanzados que non analizamos con seriedade nin o que vai pasar dentro de vinte anos. De feito, Fleming cualificaba o estado dos nosos mandatarios como un tipo de demencia (dementia absens), e a súa constante incorrencia nesta falacia un claro síntoma da mesma.

Mais non só incorren nesta falacia os responsables políticos, senón que é un problema que atravesa toda a nosa cultura da modernidade capitalista e da abundancia enerxética, pois tamén aparece en maior ou menor medida no conxunto da sociedade. Exemplos? Todos podemos atopar unha chea deles a nada que fitemos para a nosa vida. As reclamacións das persoas pensionistas, que dan por descontado que sempre vai haber recursos para lles pagar unhas pensións equivalentes ás actuais, como para mesmo reclamar a súa blindaxe por lei, como se iso puidese servir de algo se o Estado fica sen recursos para as pagar. Ou a decisión de moita xuventude de estudar carreiras tecnolóxicas, porque son o futuro. Por non mencionar os préstamos hipotecarios, exemplo onde os haxa de aposta arriscada a que o futuro vai ser coma o presente ou mesmo mellor. O cal nos levaría a falar, por suposto, tamén da débeda pública, en niveis dificilmente pagables a nada que a economía do país se torza un pouco (algo que vai pasar, moi probablemente, a medida que o petróleo sega a subir o seu prezo). Mesmo as institucións de referencia e prestixio como o Banco de España pecan disto, cando se ven obrigadas unha e outra vez a revisar as súas previsións de medre da economía no momento en que sucede o que era, en realidade, previsible, como o progresivo aumento do custo da enerxía. Mais non todos os organismos encargados da prospectiva son tan pouco precavidos: estamentos militares, axencias financieiras, a Axencia Internacional da Enerxía e, sobre todo, organismos científicos, levan tempo advertindo das profundas discontinuidades socioeconómicas que temos por diante e que poñen en dúbida a perpetuidade do presente.

O devalar enerxético a consecuencia do esgotamento dos combustibles fósiles, o choque co resto de límites biofísicos do planeta, a aceleración do caos climático, un evento Carrington xeomagnético… son varias as grandes ameazas á continuidade do business-as-usual a escala global, con diversos graus de probabilidade e, polo tanto, de risco. Son múltiplos os motivos para facer primar a precaución e evitar ese suicida autoengano de crer cegamente que futuro vai ser o que sempre pensamos que sería.

Colapso En galego Política Social
agriculturaameazasbanco de españabusiness as usualcaos climáticocontaminacióncrecemento económicoculturas amerindiascustos enerxéticosdavid flemingdemenciasdurabilidadeecoloxismoeducaciónenerxía nuclearevento carringtonfalaciasfefuturoinfraestruturaslímites biofísicoslóxicamedios de comunicaciónmobilidademodernidade capitalistapensiónsperspectivas de crecementopolíticas públicasposteridadeprezo do petróleoprincipio de precauciónprogresoprospectivariscostormentas solaresxeracións futuras

 Entrada anterior

La falta de medidas de emergencia…

― 2018/12/04

Entrada siguiente 

Acción, reacción, nacionalismos e democracia

― 2018/12/13

Autor: casdeiro

Artículos relacionados

El bólido 5G hacia el abismo. Casdeiro, a partir de opencliparts de GDJ y Netalloy

casdeiro ― 2020/11/18 | No Comment

Igual de listos

Con lo de la telefonía móvil 5G estamos demostrando el mismo nivel de inteligencia (...)

casdeiro ― 2020/11/12 | No Comment

Un círculo no es una espiral (o por qué nuestros gobernantes no saben lo que están diciendo)

casdeiro ― 2020/10/31 | 2 comentarios

5G vs. 7G

casdeiro ― 2020/10/22 | No Comment

El peligro de no saber parar (de crecer)

casdeiro ― 2020/10/17 | No Comment

Es inevitable superar el capitalismo (si queremos una transición energética o simplemente sobrevivir)

casdeiro ― 2020/10/16 | No Comment

Por qué «crisis climática» es un término peligrosamente inadecuado

casdeiro ― 2020/10/15 | No Comment

¡¿Ambición climática?!

casdeiro ― 2020/10/02 | No Comment

Todos nuestros gobiernos son supremacistas

1 Comment

  1. Decrecimiento | Cal é o verdadeiro problema demográfico na Galiza? – El Salto – La Izquierda
    ― 2019/07/24 - 10:13 am

    […] vexetativo, así como que volve recobrar importancia a emigración» cae na falacia do presente perpetuo, e falla á hora de prever a importante volta que poden dar eses factores demográficos nun prazo […]

Deja una respuesta Cancelar respuesta

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Citas

“No es que seamos ‘anticapitalistas’: somos ‘náufragos del Capitalismo’, que está ya técnicamente hundido, como el Titánic cuando la tripulación por fin vio el iceberg ante ellos. ”

— Manuel Casal Lodeiro (Citas)

Buscar no blog

Sostén o meu labor

Recibe os artigos cada mes

Personas suscritas: 123


Colapso, peak oil, politica…

Nosotros, los detritívoros (3ª ed.)

Nosotros, los detritvoros (3ª edición)

Izquierda & colapso

La izquierda ante el colapso de la civilización industrial / A esquerda ante o colapso da civilización industrial (capas)

@Casdeiro

Tweets by @casdeiro

Comentarios recientes

  • casdeiro en Cuando comprendemos que nosotros no vamos a cambiar el mundo
  • Andrea en Cuando comprendemos que nosotros no vamos a cambiar el mundo
  • casdeiro en Dándole otra vuelta al «efecto Carter»
  • Sobre la Red 5G y su “revolución” | No oficial en 5G vs. 7G
  • arménio pereira en Una religión por primera vez esclarecedora
  • casdeiro en Una religión por primera vez esclarecedora
  • arménio pereira en Una religión por primera vez esclarecedora
  • ander en 5G vs. 7G
  • Lean “Colapso”. Reseña (pero no solo) del libro de Carlos Taibo – Escritos para la Emancipación en 20 Razones para preferir el Decrecimiento frente al Green New Deal (como opción política ante el colapso civilizatorio)
  • «Green new» disfraz o «green new» decrecimiento – Blog Patria Grande en 20 Razones para preferir el Decrecimiento frente al Green New Deal (como opción política ante el colapso civilizatorio)

Categorías

  • Breves (85)
  • Ciberactivismo (30)
  • Citas (21)
  • Colapso (189)
  • Cultura (63)
  • Economía (88)
  • En castellano (194)
  • En galego (133)
  • In English (6)
  • Lingua (22)
  • Literatura (10)
  • Meta (2)
  • Política (244)
  • Sluagh-ghairm (16)
  • Social (150)

Preparando unha Galiza pospetróleo

Guía para o descenso enerxético - Galiza.PosPetroleo.com

Proxectos

  • 15/15\15
  • A Esquerda ante o Colapso
  • Ames Pospetróleo
  • Antroponimia de Galicia
  • Bibliografía Pospetróleo
  • Cénit del petróleo
  • ContraInfoteca
  • Crisis Económica
  • Crisis Económica (archivo de noticias)
  • Debulla
  • Democracia Directa Digital
  • Diáspora poética
  • Fillos de Galicia
  • Grândola Galega
  • Manifiesto Última Llamada
  • Militia Lyrica
  • Mina de ouro en Corcoesto / Corcoesto's gold mine
  • Municipios Pospetróleo
  • Nación Mundial Galega
  • Nomes Galegos
  • Patada al Diccionario
  • Pico del petróleo
  • Referendum mundial
  • Res Rética
  • Véspera de Nada
  • Yo No Compro

Recomendados

  • Crisis Energética
  • Decrecimiento
  • Derrota y navegación
  • Habas contadas
  • Los niños perdidos
  • nuevo DESorden
  • Oil Crash
  • Question Everything
  • The Archdruid Report
  • The Oil Drum
  • Tratar de comprender, tratar de ayudar

Democracia Directa Digital

Democracia Directa Digital

Galiza sustentable

Nación Mundial Galega

Bandeira da Nación Mundial Galega

Archivos mensuales

Social Links

Copyright © Manuel Casal Lodeiro