Imaxe: Casdeiro, a partir dun ‘open clipart’ de Worker: https://openclipart.org/detail/213858/man-with-flag
A cuestión crítica do noso tempo non é a cuestión nacional, e ver como nos xuntarmos os nacionalistas galegos/vascos/cataláns/… contra os nacionalistas españois. Nin tan sequera é a cuestión do reparto de poder entre as clases, é dicir, cómo nos xuntarmos na esquerda para lle facermos fronte á dereita. Con todo o importantes que poidan ser estas cuestións, fican nun segundo plano fronte á urxente necesidade de facermos visible o colapso civilizatorio que comezamos a vivir e a preparación de todos os seres humanos para resistirmos as súas consecuencias da maneira menos tráxica posible. Cando ao que nos enfrontamos é a extinción da nosa especie ou, cando menos, á morte de varios milleiros de millóns de conxéneres, todo o demais fica ensombrecido.
Por lo visto, para Pablo Iglesias, el cambio climático se combate solo (o principalmente) creando una nueva empresa pública eléctrica a partir de fuentes de origen renovable.