Convídovos a apoiar esta tractorada e a manifestación posterior. E se non podedes estar alí con eles, a facer difusión na Rede e ciberprotesta. De aquí ao domingo a Xunta de Galicia e as empresas implicadas teñen que sentir o clamor en toda Galiza contra esta desfeita demencial… Corcoesto é unha loita moi importante, pois se nos fan tragar con isto, despois han vir moitas máis por todo o país! NON PASARÁN!
«Se non se pode vivir
por culpa do progreso
a próxima tractorada
hache de ser… NO CONGRESO!»