///

Que decrezcan ellos (los ricos)

En un reciente debate con el Ateneu Proletário Galego organizado en Galicia por la Escola Popular Galega en torno al Decrecimiento realicé una defensa del Decrecimiento como única opción posible ante el colapso entrópico que ha comenzado para nuestra civilización industrial. Este colectivo (el Ateneu) se mostró contrario al Decrecimiento y algunos de sus miembros llegaron a tildarlo de opción «reaccionaria» y «fascista», aunque los excusaré en el escaso conocimiento que demostraron tener de las propuestas decrecentistas. Lo que me llamó mucho la atención fue su insistencia en que decrezcan los ricos: ponían como ejemplos a Amancio Ortega, y fácilmente hubieran podido incluir a Emilio Botín o a cualquier otro archimillonario gallego, español, europeo o mundial. En mi opinión esto revela hasta qué punto su fijación por una visión monetarista y ortodoxa de la realidad y de la crisis les impide ver la necesidad del Decrecimiento en todas las capas de las sociedades ricas. Aunque el 1% de los más ricos decreciese en su consumo personal de energía y recursos, la repercusión sería mínima en el estado actual de carrera hacia el colapso. Claro que existe un reparto escandalosamente desproporcionado de la riqueza en el mundo, pero el reparto del consumo de recursos que hace cada ser humano, es mucho menos desigual. Sí lo es entre diferentes países y estilos de vida (con EEUU a la cabeza con su delirante consumo per cápita), pero no así dentro de cada país y estilo de vida. Lógicamente el Decrecimiento no quiere ser homogéneo, sino ajustado a los excesos de cada uno/a: de cada país, de cada región, de cada organización y de cada individuo. Pero los excesos del Sr. Botín dudo mucho que sean mucho mayores que los de un mileurista español, simplemente porque por mucho que quiera consumir tiene unas limitaciones físicas como ser humano y a no ser que fuera un excéntrico que gastase millones de watios para encender neones que se vieran desde el espacio con su nombre, no supondría una diferencia en el consumo total de energía del país. Quienes defienden que los pobres de los países ricos no tienen nada que decrecer, y acusan únicamente a los ricos, están de nuevo confundiendo dinero con energía. La desigualdad en el consumo energético es muchísimo menor que en niveles de renta económica. Sin entender eso no podremos encontrarlos como compañeros de viaje en la Revolución urgente hacia el Decrecimiento. Ofuscados en la visión antiecológica de la economía, donde la lucha de clases es la única realidad existente, la base última sobre la que se fundamenta su credo único y verdadero, este tipo de marxistas le hacen un flaco favor a la izquierda. Como advertí seriamente al final del debate, corremos el riesgo de que este tipo de izquierdistas que se niegan a asumir su cuota de responsabilidad personal y colectiva en el crecimiento sin límites, acaben cambiando de ideología antes que aceptar un cambio en sus hábitos de vida. La izquierda implica solidaridad, y ¿qué solidaridad puede haber más importante hoy día que la que asegure un mañana a nuestros hijos y a los hijos de nuestros demás congéneres? Cada vez que cogemos el coche o gastamos innecesariamente electricidad, gas, o consumimos productos importados, da igual que creamos en el materialismo dialéctico o en la Escuela de Chicago: estamos contribuyendo a robarles ese futuro. No podemos lavarnos las manos y acusar a los plutócratas, porque su cuota de consumo personal es ridícula comparada con la del conjunto de la sociedad.

21 Comments

  1. Pido desculpas á Escola Popular porque na primeira e apresurada redacción do post daba a entender que era este colectivo quen estaba en contra do Decrecemento, algo que é totalmente inexacto, como puideron comprobar os asistentes. Faltaba na primeira frase a referencia ao colectivo co que debatimos, que foi o Ateneu Proletário. Sinto moito a confusión, e agradezo á persoa que mo advirteu mediante un comentario e queda a partir de agora corrixido.

  2. isto é o que se chamou sempre esquerdismo pequeno burgués: solucións individuais, preservación da propiedade privada e do actual sistema produtivo. Unha pregunta que facer: e como pensas convencer á xente para que deixe de comprar? Mira que a igrexa dispón dun imponente aparello ideolóxico ao seu servizo e non foron capaces de previr á xente contra o aborto, o condón ou o divorcio. Non é un problema de conciencia nin moral, meu, é un problema de SISTEMA

  3. Non botemos balóns fóra e lavemos as mans: o Sistema (ese ente!!) tamén somos nós. Nós somos parte do sistema termodinámico que denominamos civilización industrial, somos unha peza máis. Manipulada, explotada, o que ti queiras, máis unha peza que produce e consume.

    A mención da igrexa e do aborto paréceme totalmente fóra de lugar.

    E eu non trato de convencer a ninguén de que deixe de mercar: alá cada un(ha). Tarde ou cedo todos imos deixar de mercar, simplemente porque o sistema industrial que nos ofrece todas estas cousiñas que enchen as nosas alienadas vidas vai para o carallo. Ao final só poderemos aspirar a mercar cousas a outras persoas (ou algunha empresa que quede?) para a simple supervivencia. O/A que non queria irse preparando peor para el(a)… e tamén para os demais, porque fará que todo sexa peor para todos, ao desbaldir enerxía e materiais que nunca máis volverán a estar a disposición para o verdadeiramente importante. Estamos roubándolles o futuro aos nosos fillos… e a nós mesmos. É un problema, moral, abofé que o é! Se non o queres recoñecer… esa é a túa opción… tamén moral ou ética.

  4. Por certo… unha pregunta: de ónde sacas que defendo a preservación da propiedade privada? Que capacidade de inventiva, meu! :-O

  5. Ah, e o Decrecemento non pretende ser unha solución individual. Proponse como unha crítica social e pretende como tanto a trasformación da sociedade nun determinado sentido.

  6. Todos estamos en contra do consumismo e do despilfarro, meu, pero apelar á conciencia individual de cada quen non leva servido nunca nin servirá de nada, de igual maneira que a reciclaxe do lixo non leva mudado gran cousa o desastre ecolóxico xeral do planeta. Decrecemento, agricultura ecolóxica… non son máis que ideoloxemas útiles para calmar a mala conciencia da clase media occidental. Para acabar co sistema fará falla algo máis que unha sucesión de admonicións, prevencións e mesmo ameazas (de aquí o paralelismo coa Igrexa), fará falla COMUNISMO.

  7. Dizer que as propostas decrescentistas ou agroecologistas som individualistas é umha falsidade, provavelmente fruto dum preconceito. Por que podemos organizar-nos social, sindical e politicamente para luitar por umha sociedade que nom se basee no consumo de uránio (lembremos Xove!) ou de carvom (lembremos as Encrobas!), e nom para luitar por umha que nom se basee no consumo de petróleo??
    Quem está contra o consumismo, troika, está a favor de que se consuma menos, e, portanto, de que se produça menos, Nom hai outra. O consumo é a outra cara da moeda da produçom, e se ao obreirismo mais ráncio lhe custa falar dele é porque ai existe umha responsabilidade directa das e dos trabalhadores. E este é umha das chaves da questom: o proletariado nom é umha classe divina tocada pola bençom moral de Deus, senom que também tem responsabilidades (si, responsabilidades) na manutençom do capitalismo. Igual que um filho da classe trabalhadora que se fai policia ou militar é responsável dos seus actos, um obreiro que se deixa embaucar polo consumismo, é responsável também.

  8. Non sei por que teimades algúns en facer como se o Decrecemento e o Comunismo fosen incompatibles. Podedes dar algunha referencia de alguén que o dixera? Eu desde logo non sería.

    De feito este tipo de ataques só evidencian que estades a prol dun Comunismo non drecentista, é dicir, un Comunismo do crecemento perpetuo, o cal é tan imposible como un capitalismo do crecemento perpetuo.

  9. Nom, a crítica é precisamente que o movimento decrescimentista é um parche ao sistema capitalista, insostivel, explorador e assassino. Polo tanto perpetua-o, nom pretende a construçom dum outro modelo. Isto é um absurdo

  10. Esta claro que non colledes o concepto, e como dicia Manquiña o importante e o concepto, o decrecemento non e un movimento politico, non e un movimento filosofico, nin siquera e un movemento economico e a manifestacion dos limites fisicos dos recursos da terra, e algo inevitabel que vai a ocurrir si ou si , a unica discusión e si imos deixar que xestionen o decrecemento os ricos os que que esta claro que lle importa unha merda que a xente morra a fame con tal de seguir sendo ricos ou si sendo coñecedores do que se aveciña xestionamos nos mesmo no posible este evento procurando ter algo que votar a boca cada día , esa e a unica cuestion.

    Penso tamén que a vosa idea do comunismo esta absolutamente influenciada po la civilización industrial que e o medio ambiente no que se desenrolu a loita de clases , nesa loita de clases buscades que sexa a propia clase obrera ousexa o proletariado quen xestione os medios de producción, e aqui e donde temos o verdeiro Kid da cuestion , o peak oil non fai distinción algunha entre quen xestione as industrias simplemente provoca que estas quebren e a civilizacion industrial vai quedar reducida a mínima expresion en zonas cluster onde traballaran maquinas eficientes , privilexiados formadisimos e imprescindibles e algúns afortunados esclavos para limpar os retretes e outra actividades de pouco valor engadido, o resto ou fame ou voltar a terra.

    E na terra fai moita falta o traballo comunal, a xestion comunal da terras, a organización comunal dos recursos e servizos e comunismo ven de comunal, así que un comunista ben informado deberia de ser un fervente promovedor do decrecemento ordenado no mundo, soborde todo tendo tan bos referentes e exemplos en seus corelixionarios Cubanos , Cuba e o exemplo vivo do que lle esta a pasar o resto do mundo , e a demostración palpable de que un sistema comunista ben organizado e moito millor que o sistema capitalista a hora de protexe ra poboación nun excenario de decrecemento imposto, así que o referente para todos os comunistas debería de ser Cuba coa sua permacultura, coa agricultura urbana que se fai na Habana e provee a poboacion capitalina de mais da mitade dos alimentos que necesitan, ect ect claro que semella que eso os comunistas industriais non vos mola, e sinto de veras pero eche o que hai, ide reforzando as vosas relacions cos colegas cubanos, nunh futuro moi cercano Cuba pode ser a primeira potencia do mundo en calidade de vida….

  11. Que «o movimento decrescimentista é um parche ao sistema capitalista»?????????????? Está visto que non queredes escoitar. Casdeiro é un anticapitalista declarado e a asociación na que fai parte penso que tamén o fai evidente. É triste que esteades a dar unha imaxe tan terca e fosilizada do comunismo, camaradas.

  12. Eu coido que estamos a presenciar un exemplo máis de disonancia cognitiva. Certos comunistas non son capaces de integrar datos como o do Peak Oil que implican unha mudanza tan radical do paradigma mental co que explican o seu mundo, que non dan máis que negado a realidade e insultado ao mensaxeiro. Que mágoa que non haxa unhas mentes máis abertas neste colectivo que poidan ver a maneira de integrar marxismo e termodinámica… porque nos virían moi ben nos tempos por viren.

  13. Coincido com algumhas das críticas que se fam aos «comunistas» que polarizárom este debate. No entanto, parece-me que a utilizaçom da etiquetagem comunista de nengum modo fai que umha posiçom seja em si própria comunista.

    Além disto, é claro que o capitalismo pode abordar umha perspectiva de decrescimento num suposto ponto limite do seu desenvolvimento. Assim, seria imaginável um decrescimento pilotado pola burguesia ante um cenário previsto de desapariçom da espécie.

    Um decrescimento desde a esquerda, pilotado desde posiçons populares, nom nos pode remitir à consigna de «reduz o teu consumo individual para evitar a catástrofe anunciada», ou ao «organizemo-nos para consumir menos». Ambas posiçons, a individualista, e a presuntamente colectiva, som insuficientes e ineficientes para fazer frente à catástrofe. Som, como dizia alguém, tranquilizantes para más consciências e, embora eticamente se trate de posturas exigíveis a qualquer indivíduo de esquerdas, também é clara a insuficiência e os limites da estratégia.

    Assim, complicando outro pouco mais a questom, a perspectiva do decrescimento leva-nos sempre à questom de quem decide o que se produz, para que se produz, como se produz e quem o consume. Esta, que é umha questom que muitos e muitas gostam de esquivar, é a questom do poder político, da capacidade organizada de decisom sobre um território ou um sistema produtivo. E sem justificar certos «comunismos» catequéticos que diluem a capacidade revolucionária da proposta comunista, há que admitir que quem nom abordam a questom do poder político à hora de falar nesta questom estám a furtar o cerne do debate.

  14. Interesante achega, Amélia. Loxicamente o Decrecemento, como ten dito Xoán Doldán co gallo deste debate no blog de Véspera, non pretende ser unha proposta completa no sentido de que dea un modelo de artellar a sociedade. E polo tanto non é criticable nese sentido. Tan só pretende achegar unha crítica a un modelo de produción e consumo, con profundas implicacións sociais e económicas. É algo que debe ser incorporado aos modelos existentes que se pretenden alternativos ao capitalismo, se queren ser reais e ancorados na realidade física dos límites planetarios. É dicir, podemos ter un comunismo decrecentista ou ben un comunismo desenvolvimentista industrialista.

    Agora ben, non comparto iso de que o capitalismo poida decrecer. Polo menos non este capitalismo. É algo certamente moi debatido no contexto do decrecemento e do colapso polo Cénit do petróleo. Pero o capitalismo tal como o entendemos hoxe só pode medrar. Que as mesmas minorías sociais que hoxe dirixen este modelo (burguesía como dicides algúns) poidan resituarse para dirixir o modelo que o substitúa… ¡por suposto! E vímolo denunciando en Véspera de Nada en repetidas ocasións. Pero eu non chamaría a ese modelo capitalista, e desde logo non sería en ningún caso un modelo industrial.

    A cuestión do poder político non a furtamos polo menos nós, cando falamos de Decrecemento. Nin xente coma Ted Trainer, que aposta por un modelo comunista libertario apegado ao local. Si que é furtada en movementos coma as Transition Towns, polo menos en boa medida. Aí si que cabe unha crítica á proposta como insuficiente, coido eu. Pero non se nos pode botar en cara a nós esta cuestión. Eu persoalmente son partidario de xuntar a proposta decrecentista con modelos de democracia directa local, e na medida que sexa posible, en ámbitos superiores. Coido que Carlos Taibo tamén van nesa onda.

  15. «Agora ben, non comparto iso de que o capitalismo poida decrecer. Polo menos non este capitalismo. É algo certamente moi debatido no contexto do decrecemento e do colapso polo Cénit do petróleo. Pero o capitalismo tal como o entendemos hoxe só pode medrar. Que as mesmas minorías sociais que hoxe dirixen este modelo (burguesía como dicides algúns) poidan resituarse para dirixir o modelo que o substitúa… ¡por suposto! E vímolo denunciando en Véspera de Nada en repetidas ocasións. Pero eu non chamaría a ese modelo capitalista, e desde logo non sería en ningún caso un modelo industrial.»

    …nin democratico. http://www.acordem.org/2011/08/28/yo-acuso/

  16. Non todo vale contra o sistema. Creo que o teu artigo é esclarecedor. Agora ben eu xa cheguei a conclusión hai tempo que eses sectores que chamas marxistas (pobre Marx !) ademais de non ler a Marx non son aliados para o necesario cambio sistemico onde os problemas enerxeticos e/ou ecoloxicos son centrais. O problema non é se existen as clases ou existe a loita de clases senon cal é a súa composición, os seus intereses, o seu papel e as contradicións fundamentais, e desde ese punto de vista hai decenas de anos que os discursos obreiristas e industrialistas estan superados. Non vou dicir que Marx era consciente da situación actual porque suporia situar a Marx nunha especie de deidade ou nun iluminado é non o era. Pero calqueira que lea a súa obra, recomendo os ‘grundisse’ (1845) para atopar a un pensador humanista, ou a ‘critica ao programa de ghota’ (1885) para encontrarse unha critica demoledora contra o obreirismo que despois deribou nun modelo socialdemocrata industrialista e eurocentrista. E digo isto non para reivindicar a Marx fronte aos marxistas, que tamén, senon para comprobar increiblemente como unha persoa do seculo XIX pode ser máis avanzada que algúns que viven no seculo XXI.

  17. Pedro Prieto ven de publicar no web de AEREN un texto moi pertinente neste debate. Copio un fragmento:

    la indecente riqueza que estos crápulas acumulan es más bien de tipo nominal o contable, más que física. Esto conviene explicarlo. En un mundo en el que el dinero se ha multiplicado mucho más rápidamente que los bienes físicos o los servicios realmente medibles que el dinero puede comprar, hay una conciencia clara de que si hubiese que repartir el dinero que nominalmente existe en manos de estas élites entre las grandes masas de población marginal, excluida y desheredada, con la supuesta sana intención de convertir ese capital especulativo en capital productivo, no habría mundo físico para responder al papel de ficción que estas élites acumulan.

    Es decir, sus inmensas riquezas son obvias desde el punto de vista físico o material, pero desde el punto de vista financiero o dinerario, que es el que los contabiliza, son muchísimo más grandes; son tan estratosféricas como imposibles de materializar en algo tangible que alivie el sufrimiento humano en la medida que indican los billetes de banco o títulos que los papeles indican.

  18. E segue:

    si las matemáticas no mienten, incluso en el supuesto de despojar a todas las élites (…) de sus inmensas riquezas, el mundo todavía tendría que hacer un fuerte ejercicio de despojar a grandes masas burguesas (clases medias) de los países desarrollados (…) de una gran parte de sus niveles de consumo.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de Economía

Lo que sobra

Sobran carnicerías. Sobran publicistas, aviones, hoteles y bares. Sobran centros comerciales. Sobran coches, sobran muchos coches...