//

Estamos perdendo…

Na guerra defensiva pola supervivencia da nosa lingua e contra a castrapización, estamos perdendo a batalla da fonética, as cousas pintan mal na do léxico e mesmo na da gramática comezamos a ter un retroceso das nosas forzas. A poderosa armada mediática do inimigo fai estragos e imos perdendo posicións en territorio urbano nunha aunténtica desfeita. Os zipaios envalentonados queiman as nosas posicións máis adiantadas froito de exiguas vitorias pasadas. Só resisten as partidas rurais, pero cada vez con máis baixas e debilitadas pola penetración da quintacolumna televisiva. Por se fose pouco, o noso bando está dividido en dúas faccións incompresiblemente enfrontadas. A guerra non vai ben, non.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de En galego