/

Garoña e o novo NO-DO

Hoxe sentín náuseas. Son os efectos que che teñen no organismo as viaxes no tempo. A un tempo no que eu era un neno (ou mesmo atrás), os tempos do NO-DO e a máis bruda manipulación informativa das masas polo Réxime.

RTVE manipula as noticias sobre a central nuclear de GaroñaNo Telediario de TVE das 3 da tarde de hoxe, un titular anunciaba que o Goberno pechaba Garoña (no 2013). É dicir, a noticia dada a volta: o que comprería ter dito «O Goberno concede unha prórroga de 4 anos á central nuclear de Garoña malia ter superado a súa autorizada vida útil»… acababa poñendo ao goberno do PSOE como ecoloxista por pechala! Despois, no detalle da noticia mencionaban a cuestión da prórroga como de pasada e deixando absolutamente na inopia a quen non coñecese previamente o asunto, e trasmitindo unha falsa imaxe. Por se isto fose pouco, a noticia foi bruscamente interrumpida cando o xornalista que a gravara comezaba falar dos residuos produto da central e do seu tratamento. Na miña vida vira tal descarada manipulación dunha noticia.

…Hoxe foi o día que deixei de ver Televisión Española.

1 Comment

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de En galego