• En castellano
  • En galego
  • In English
  • Temas
    • Breves
    • Ciberactivismo
    • Colapso
    • Cultura
    • De todo
    • Economía
    • Lingua
    • Literatura
    • Política
    • Sluagh-ghairm
    • Social
    • Meta
  • Citas
  • Inicio
  • Sobre este blog

De(s)varia materia

Textos de Manuel Casal Lodeiro, (a) Casdeiro

Menu
  • En castellano
  • En galego
  • In English
  • Temas
    • Breves
    • Ciberactivismo
    • Colapso
    • Cultura
    • De todo
    • Economía
    • Lingua
    • Literatura
    • Política
    • Sluagh-ghairm
    • Social
    • Meta
  • Citas
 › Ciberactivismo › Colapso › Economía › En galego › Política › Social › O cénit do petróleo: a outra (e derradeira) crise

O cénit do petróleo: a outra (e derradeira) crise

casdeiro 2008/11/28     8 comentarios    

A crise actual ocupa os medios de comunicación de masas de maneira cotiá desde hai semanas. Pero a faciana que se nos amosa neles é case exclusivamente a financieira-económica. Pouco sae á luz e ao debate público sobre un compoñente subxacente de crucial importancia: os límites do medre perpetuo capitalista. Entre eses límites hai un que salienta: o da produción mundial de petróleo.

Cénit, pico ou teito da produción mundial de petróleoBaixo o termo inglés de “peak oil” coñécese o fenómeno que na nosa lingua poderiamos denominar “cénit”, “pico” ou “teito” da produción de petróleo a nivel mundial. O petróleo é un ben finito e escaso, do que non podemos “fabricar” máis cando se esgota; é dicir, no planeta hai un número concreto, limitado, de toneladas de petróleo. Ben, pois todo apunta a que estamos comezando notar os efectos desa finitude. Pero non trabuquemos: o problema non é que nos vaiamos quedar sen petróleo de aquí a uns meses, senón que cando comece o descenso pola curva histórica da produción mundial (en forma de campá, denominada “curva de Hubbert”) o petróleo que vaia quedando accesible nos mercados será cada vez máis caro, de peor calidade, máis contaminante, máis difícil de extraer, de menor valor enerxético e tamén e sobre todo (velaquí o quid da cuestión)… será insuficiente para satisfacer a demanda mundial.

Por poñelo en poucas palabras: non vai haber petróleo para todos nin maneira de substituílo a tempo. Os que levan estudando este problema desde hai tempo, teñen calculado que farían falta cando menos 20 anos de preparación, de seria e profunda transformación do tecido socioeconómico nos países industrializados occidentais, para evitar graves consecuencias. Son datos do Informe Hirsch, encargado pola administración Bush no 2005. Porque, non nos enganemos: nin os biocombustibles, nin as renovables nin a agora de novo proposta nuclear son viables a unha escala comparable ao consumo mundial actual de petróleo, nin estarían listas a tempo. Os cálculos de investimentos precisos, desenvolvemento tecnolóxico e taxas de retorno enerxético non deixan lugar a dúbida: non hai substituto viable para o petróleo que nos vaia chegar a tempo antes do momento en que a súa produción non dea cuberto a demanda.

Parémonos a pensar qué significará quedármonos sen petróleo (ou sen petróleo barato, que ven sendo o mesmo na práctica): o 90% do transporte funciona só con derivados do ouro negro; a agricultura intensiva (e polo tanto a alimentación de cada un/ha de nós) tamén depende desde a súa produción (fertilizantes químicos, praguicidas, maquinaria, etc.) ata a súa distribución, do petróleo e do gas natural (outro recurso en proceso de esgotamento); os bens de uso cotián están en boa parte creados a partir de derivados do petróleo (plásticos, fibras sintéticas…) e outro tanto se pode dicir de moitos medicamentos. Isto é: todo o que nos mantén vivos e “funcionando”. É o que algúns chaman a sociedade fosilista, petrolívora, adicta ao petróleo… ou simplemente a sociedade insostible, din outros, e non sen razón. E aí é onde volvemos ligar coa cuestión inicial: a crise ou recesión económica e a imposibilidade dunha recuperación económica permanente.

O capitalismo (iso que algúns chaman farisaicamente “libre mercado”) é un sistema que precisa do crecemento continuado para poder existir. É connatural a el: sen crecemento é inviable. Ben, pois sen petróleo, tal e como está construida a sociedade industrial capitalista, non pode haber tampouco medre. Se o combustible escasea, a máquina non é que vaia máis amodo: é que ao estar pensada só para acelerar, simplemente se “gripa”. É dicir, vimos construindo un inmenso monstro de escala planetaria, chamado sistema industrial capitalista, sobre unhas bases que tiñan data de caducidade e sen recambio posible. Cando eses cementos caian… caerá todo o sistema e todas as sociedades que non se teñan desprendido del, que non teñan saído da adición a unha droga sistémica que é finita. Agora moitos se debaten en tratar de adiviñar a data de comezo dese masivo derrubamento, dese tráxico punto de inflexión na Historia da Humanidade, que virá marcado polo momento en que se alcance o número máximo de bocois de petróleo producidos no mundo (o chamado “cénit do petróleo”): 2010? 2015? …algúns mesmo din que xa estamos inmersos nel. Pero acertar na data non é o máis importante, nin debe demorar a posta en práctica das urxentes e radicais medidas políticas, económicas e sociais que esixe para tentarmos minguar o seu catastrófico efecto, porque é coñecido que non teremos a certeza de termos pasado ese pico da produción ata algún tempo despois (un par de anos, talvez) cando o vexamos no espello retrovisor da historia económica. E os prezos, cando avisen, será demasiado tarde. Se seguimos confiando nos sinais que envía o mercado, na substituibilidade dos factores produtivos, e na mítica autorregulación dos mercados, daquela o choque brutal contra os límites dos recursos do planeta está asegurado: estímase que sen petróleo, o planeta só poderá manter unha poboación duns 2.000 millóns de persoas.

(Licencia CreativeCommons: Reconocimiento-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España)

Ciberactivismo Colapso Economía En galego Política Social
capitalismocénit do petróleocrecementocriseEconomíapeak oilPolíticasociedad

 Entrada anterior

O crecemento non é sostible. Punto.

― 2008/11/17

Entrada siguiente 

Só podemos loitar contra o capitalismo creando xa unha alternativa

― 2008/12/08

Autor: casdeiro

Artículos relacionados

Foto de struppi0601 en Pixabay.

casdeiro ― 2021/03/24 | No Comment

La gran división

La gran división de nuestra época no es una división política entre izquierdas y derechas...

casdeiro ― 2021/02/23 | No Comment

Por qué no me creo el mantra institucional de la eficiencia

casdeiro ― 2021/02/23 | No Comment

Capitalismo maligno… como un cáncer

casdeiro ― 2021/02/18 | No Comment

Y ¿quién combate la peor de las pseudociencias?

casdeiro ― 2021/02/13 | No Comment

La única salida: sustituir a todos los niveles competencia por cooperación

casdeiro ― 2020/12/07 | No Comment

El Green New Deal y el tratamiento precoz del cáncer civilizatorio

casdeiro ― 2020/11/30 | 3 comentarios

Una religión por primera vez esclarecedora

casdeiro ― 2020/11/25 | No Comment

Internet de las cosas vs. durabilidad por diseño

8 Comments

  1. admin
    ― 2008/11/28 - 7:19 pm

    Xusto ao comezo da sociedade petro-industrial, aló por 1900, a poboación galega era duns 2 millóns de habitantes, seica. Será esa a nosa poboación máxima cando o petróleo volva a desaparecer das nosas vidas? É previsible que teremos unha vantaxe porque agora temos técnicas e coñecementos que daquela non tiñamos e que nos axudarán a manter unha poboación algo maior. Pero por outro lado tamén son previsibles calamidades como consecuencia do cambio climático, dos conflitos polos recursos escasos, etc. É posible que uns factores compensen os outros e a poboación non poida ser moito maior.

    Recomendo a lectura do artigo que publicara aí atrás o prestixioso web The Oil Drum sobre esta cuestión da máxima poboación coa que pode cargar o noso planeta, unha vez nos falte o petróleo.

  2. admin
    ― 2008/11/28 - 7:42 pm

    Este texto foi reproducido, que nos conste, nos seguintes medios:

    • La Opinión de Coruña
    • Altermundo
    • Xornal.com
    • Gz Nación
  3. OFF
    ― 2008/12/01 - 12:48 pm

    Tamén o sacaron en Vieiros hoxe: http://www.vieiros.com/opinions/opinion/588/o-cenit-do-petroleo-a-outra-e-derradeira-crise

  4. admin
    ― 2008/12/02 - 9:42 am

    Si, grazas. Xa o vin tamén.

    Confirman que na Nosa Terra sae tamén este xoves día 4 de decembro.

  5. admin
    ― 2008/12/02 - 7:51 pm

    Recomendo ler a análise que fai DanielErreCe, usuario de Vieiros, a raíz do meu artigo. Grazas, Daniel, porque a túa visión enriquece grandemente o meu texto!

  6. De Casdeiro » Só podemos loitar contra o capitalismo creando xa unha alternativa
    ― 2008/12/08 - 2:24 pm

    […] « O cénit do petróleo: a outra (e derradeira) crise 08 12 2008 […]

  7. admin
    ― 2008/12/08 - 7:57 pm

    Tamén Xabre.eu, que cadra que é un galego alumno dunha das persoas que en España máis controla do asunto (Mariano Marzo), menciona e reproduce o artigo. Todo un honor figurar xunto ao profesor Marzo! 🙂

  8. De Casdeiro » É a enerxía, estúpidos!
    ― 2009/04/24 - 8:42 am

    […] que non se trata do sistema financieiro. Nin tan sequera da economía. O que está iniciando o seu derrubamento definitivo non é o sistema capitalista, senón o modelo enerxético no que baseamos toda a nosa civilización […]

Deja una respuesta Cancelar respuesta

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Citas

“¿Qué podemos hacer para preparar a niñas y niños para la guerra en curso? Dado que es una guerra del Capitalismo contra la Vida, lo más importante es, sin duda, trasmitirles el amor a la Vida.”

— Manuel Casal Lodeiro (Citas)

Buscar no blog

Sostén o meu labor

Recibe os artigos cada mes

Personas suscritas: 133


Colapso, peak oil, politica…

Nosotros, los detritívoros (3ª ed.)

Nosotros, los detritvoros (3ª edición)

Izquierda & colapso

La izquierda ante el colapso de la civilización industrial / A esquerda ante o colapso da civilización industrial (capas)

@Casdeiro

Tweets by @casdeiro

Comentarios recientes

  • casdeiro en Insistir en el crecimiento nos lleva al suicidio colectivo en cuatro horribles pasos
  • Vicent Rodríguez Payá en Insistir en el crecimiento nos lleva al suicidio colectivo en cuatro horribles pasos
  • The Degrowth platform of the CUP for Catalonia - Resilience en Dándole otra vuelta al «efecto Carter»
  • Jacinto Barallobre en Next Generation EU: endeudando a la siguiente generación más allá de lo pagable
  • Jacinto Barallobre en Por qué el Green New Deal es incompatible con la filosofía del Decrecimiento: el motivo intergeneracional
  • casdeiro en Next Generation EU: endeudando a la siguiente generación más allá de lo pagable
  • casdeiro en Next Generation EU: endeudando a la siguiente generación más allá de lo pagable
  • Alfredo Apilanez en Next Generation EU: endeudando a la siguiente generación más allá de lo pagable
  • casdeiro en Cuando comprendemos que nosotros no vamos a cambiar el mundo
  • Andrea en Cuando comprendemos que nosotros no vamos a cambiar el mundo

Categorías

  • Breves (91)
  • Ciberactivismo (30)
  • Citas (23)
  • Colapso (202)
  • Cultura (67)
  • Economía (100)
  • En castellano (208)
  • En galego (133)
  • In English (6)
  • Lingua (22)
  • Literatura (10)
  • Meta (2)
  • Política (255)
  • Sluagh-ghairm (17)
  • Social (159)

Preparando unha Galiza pospetróleo

Guía para o descenso enerxético - Galiza.PosPetroleo.com

Proxectos

  • 15/15\15
  • A Esquerda ante o Colapso
  • Ames Pospetróleo
  • Antroponimia de Galicia
  • Bibliografía Pospetróleo
  • Cénit del petróleo
  • ContraInfoteca
  • Crisis Económica
  • Crisis Económica (archivo de noticias)
  • Debulla
  • Democracia Directa Digital
  • Diáspora poética
  • Fillos de Galicia
  • Grândola Galega
  • Manifiesto Última Llamada
  • Militia Lyrica
  • Mina de ouro en Corcoesto / Corcoesto's gold mine
  • Municipios Pospetróleo
  • Nación Mundial Galega
  • Nomes Galegos
  • Patada al Diccionario
  • Pico del petróleo
  • Referendum mundial
  • Res Rética
  • Véspera de Nada
  • Yo No Compro

Recomendados

  • Crisis Energética
  • Decrecimiento
  • Derrota y navegación
  • Habas contadas
  • Los niños perdidos
  • nuevo DESorden
  • Oil Crash
  • Question Everything
  • The Archdruid Report
  • The Oil Drum
  • Tratar de comprender, tratar de ayudar

Democracia Directa Digital

Democracia Directa Digital

Galiza sustentable

Nación Mundial Galega

Bandeira da Nación Mundial Galega

Archivos mensuales

Social Links

Copyright © Manuel Casal Lodeiro