• En castellano
  • En galego
  • In English
  • Temas
    • Breves
    • Ciberactivismo
    • Colapso
    • Cultura
    • De todo
    • Economía
    • Lingua
    • Literatura
    • Política
    • Sluagh-ghairm
    • Social
    • Meta
  • Citas
  • Inicio
  • Sobre este blog

De(s)varia materia

Textos de Manuel Casal Lodeiro, (a) Casdeiro

Menu
  • En castellano
  • En galego
  • In English
  • Temas
    • Breves
    • Ciberactivismo
    • Colapso
    • Cultura
    • De todo
    • Economía
    • Lingua
    • Literatura
    • Política
    • Sluagh-ghairm
    • Social
    • Meta
  • Citas
 › Ciberactivismo › Colapso › En galego › Política › Social › Carta aberta aos políticos galegos (sobre a crise do petróleo)

Carta aberta aos políticos galegos (sobre a crise do petróleo)

casdeiro 2008/06/21     25 comentarios    

(Baseada nunha tradución propia da carta modelo proposta polos promotores do Oil Depletion Protocol. Cuarta versión revisada.)

Estimado/a representente político/a dos cidadáns galegos:

O motivo desta carta é a miña preocupación acerca da nosa dependencia sistémica con respecto ao petróleo e os seus produtos derivados, e como o próximo declinar da produción mundial de petróleo vai afectar a todos os aspectos da vida galega, desde o trasporte á agricultura ou á tecnoloxía. Tamén quero urxir o apoio dos partidos políticos galegos á adopción, entroutras medidas, do Protocolo de Esgotamento do Petróleo, que está deseñado para mitigarmos estes efectos.

Durante o pasado século, as nacións industrializadas como na que vivimos, acadaron a prosperidade económica debido maiormente ao petróleo doadamente accesible e barato; de feito, o xeito moderno de vida industrial baséase en termos un suministro sostido e abundante de petróleo barato… que non é unha fonte renovable de enerxía. Xa que logo, temos desenvolto unha dependencia insostible con respecto ao petróleo e aos seus derivados, e así é que chegamos a un punto na Historia no que a nosa supervivencia está ameazada precisamente pola mesma materia que nos permitiu chegar até aquí. Cada día máis organizacións internacionais (comezando pola Axencia Internacional da Enerxía) e representantes políticos recoñecen a gravidade da situación e o reto histórico ao que se enfronta a Humanidade.

A era do petróleo barato e abondoso chegou á súa fin. O Cénit do Petróleo está no horizonte inmediato, e se non é que o temos xa aquí, pode que sexa en cousa de 2 ou 4 anos. Os expertos en todo o mundo teiman na importancia dunha preparación temperá e sostida, apuntando ao feito de que na actualidade non existe ningunha fonte de enerxía dispoñible que poida substituir completamente o petróleo. É agora o tempo de considerarmos seriamente as nosas opcións e tomar accións axeitadas para nos prepararmos para un mundo de enerxía reducida.

Por estas razóns urxo aos partidos políticos galegos a:

  1. presentaren e aprobaren unha moción no Parlamento Galego na liña da que ven de aprobar o Parlamento Escocés, chamando a ter en conta o Cénit do Petróleo á hora de planificar a economía alimentar galega;
  2. crearen un comité especial para o estudo da dependencia do noso país do petróleo e como nos imos ver afectados nun panorama de medre permanente dos prezos deste recurso, do xeito que outros gobernos teñen creado. O obxectivo deste comité (parlamentar ou gobernativo) debe ser o establecemento dunha Estratexia para a redución da dependencia galega do petróleo, como por exemplo ten feito o Goberno do Estado de Queensland, en Australia;
  3. asinaren e adoptaren o Protocolo de Esgotamento do Petróleo, un acordo internacional polo cal as nacións do mundo acorden reducir a súa dependencia do petróleo a unha taxa do 2,8% anual (reducir as importacións de cru de acordo coa Taxa Mundial de Esgotamento). Segundo se achegue o Cénit do Petróleo, a redución da nosa dependencia do mesmo non será xa unha opción: verémonos forzados, esteamos preparados ou non. Polo tanto, é absolutamente esencial que comecemos a liberarnos rapida e gradualmente do petróleo. O Protocolo hanos permitir precisamente iso. Se o mundo enteiro o adoptar, o consumo mundial de petróleo minguará gradualmente e dun xeito predicible, estabilizando así os prezos, preservando a base do recurso, e reducindo a máis que probable competición salvaxe polos recursos remanentes.
  4. poñeren en marcha medidas lexislativas específicas, como xa ten feito en 2007 o goberno estadounidense coa súa Lei de Seguridade e Independencia Enerxética, que segundo recoñeceu o embaixador dese país en Suecia, foi en parte motivada polo recoñecemento do presidente Bush do Cénit do Petróleo. Outros países como Suíza ou Dinamarca tamén están actuando sobre a cuestión.
  5. informaren e concienciaren á sociedade acerca do fenómeno do Cénit do Petróleo e das consecuencias que a nivel social, económico e individual vai supoñer, e como prepararnos como sociedade para afrontalo.

Anímoos a visitar o web do Protocolo de Esgotamento do Petróleo para máis información sobre como actúa e como os gobernos e cidadáns do mundo o poden adoptar.

Anímoos tamén a ser poñer en contacto co Parlamento Escocés (nomeadamente co partido nacionalista no goberno e mais cos Scottish Greens), co goberno do estado australiano de Queensland, co goberno suízo (ref. Michael Kaufman) o islandés e mais o cubano, co comité especial de senadores estadounidenses (ref. Roscoe Bartlett), co primeiro ministro birtánico Gordon Brown, e cos concellos que fan parte da rede mundial de Cidades en Transición, para solicitarlles toda a información que precisen sobre os estudos de que eles dispoñen, e sobre as medidas que están a adoptar nos seus países.

Confío na súa responsabilidade neste tema e que tomen medidas o antes posible, e en calquera caso antes da disolución do parlamento con motivo das vindeiras eleccións autonómicas galegas do 2009.

En calquera caso, espero de vostedes que tamén incorporen esta cuestión aos seus programas electorais para que nesa data poida eu depositar a miña confianza e o meu voto na opción electoral que representan.

Grazas.

Ciberactivismo Colapso En galego Política Social
activismocénit do petróleogalizaODPPolítica

 Entrada anterior

O PSOE erra na súa resposta á crise… pero o BNG tamén

― 2008/06/21

Entrada siguiente 

Galiza debe ollar cara a Escocia e adaptarse á crise enerxético-alimentar

― 2008/06/21

Autor: casdeiro

Artículos relacionados

Gaia, foto de Vallenfine (Fuente: Pixabay).

casdeiro ― 2020/11/30 | 3 comentarios

Una religión por primera vez esclarecedora

Una religión gaiana podría ser al mismo tiempo esclarecedora en lo científico y también en lo político.

casdeiro ― 2020/11/16 | 2 comentarios

Cuando comprendemos que nosotros no vamos a cambiar el mundo

casdeiro ― 2020/10/29 | No Comment

La puerta al fascismo se abre a mano izquierda

casdeiro ― 2020/06/27 | No Comment

Entrevista para Nós TV (sobre Alcoa, Decrecemento, etc.)

casdeiro ― 2020/06/02 | 2 comentarios

Immanuel Kant y los escenarios: ¿quién se la juega en realidad con los cálculos temporales? Segunda parte de mi respuesta a Emilio Santiago Muíño

casdeiro ― 2020/05/30 | 3 comentarios

Estimado Íñigo (carta abierta sobre la nacionalización de fábricas de coches)

casdeiro ― 2020/05/24 | 1 comentario

La irrelevancia de acertar con las fechas del colapso. Una breve respuesta a Emilio Santiago Muíño

casdeiro ― 2020/02/13 | No Comment

Nuestra pregunta fundamental…

25 Comments

  1. admin
    ― 2008/06/21 - 1:37 pm

    Podes enviar esta carta (ou unha versión túa da mesma) aos parlamentarios galegos por medio dos e-mails que tes accesibles desde as seguintes páxinas:

    • http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoBNG/ContenidoGal/pargal_DeputadosGrupo.aspx
    • http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoPP/ContenidoGal/pargal_DeputadosGrupo.aspx
    • http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/GrupoPSdeG/ContenidoGal/pargal_DeputadosGrupo.aspx
  2. De Casdeiro » Galiza debe ollar cara a Escocia e adaptarse á crise enerxético-alimentar
    ― 2008/06/21 - 5:24 pm

    […] « Carta aberta aos políticos galegos (sobre a crise do petróleo) 21 06 2008 […]

  3. admin
    ― 2008/06/22 - 11:36 pm

    Un novo representante da industria recoñece que estamos diante do fin da era do petróleo barato, con título coincidente co do imprescindible libro editado hai pouco por Icaria.

  4. De Casdeiro » Nuclear, nin antes nin agora
    ― 2008/06/27 - 7:20 pm

    […] resposta recibida dos parlamentarios galegos á miña carta aberta sobre a cuestión do cénit do petróleo, algún apuntaba cara a repensar a posición da administración sobre a enerxía […]

  5. admin
    ― 2008/06/27 - 11:22 pm

    Velaquí unha interesante proposta para desenvolver ao máximo o potencial eólico do país en clave autocentrada.

  6. admin
    ― 2008/06/28 - 6:29 pm

    Vou listar algúns países que xa levan tempo en procesos máis ou menos intensos de preparación ante o pico do petróleo (información tirada do libro «Oil Depletion Protocol», de Richard Heinberg, p. 140-143):

    • En decembro de 2005 o primeiro ministro sueco Göran Persson recoñeceu que o cénit do petróleo era un problema que tiña que ser enfrontado xa e anunciou a creación dunha Comisión Nacional sobre Independencia do Petróleo, cuxo obxectivo sería facer a Suecia independente do petróleo para o 2020.
    • En abril de 2006 o Forfás, comité asesor do goberno irlandés para cuestións de comercio,innovación, tecnoloxía, etc. publicou un informe que examinaba ate que grao a economía irlandesa era vulnerabla ao pico da produción de petróleo, e que políticas se precisaban para a preparar. O xefe do Forfás comentaba daquela que:

      A elevada probabilidade de que o suministro de petróleo barato chegue ao seu pico nos vindeiros 10 a 15 anos supón un grave reto para a economía mundial. Segundo se chegue ao pico, os prezos dos combustibles líquidos medrarán dramaticamente e os gobernos, empresas e economías poderían enfrontar cambios sociais e económicos importantes. (…) levaría 10 anos reducir significativamente a dependencia de Irlanda do petróleo. É esencial que nos comecemos a preparar xa para ese reto.

    • O parlamento cubano declarou o ano 2006 o ano da Revolución Enerxética. Fidel Castro en novembro de 2005 falara xa do obxectivo de reducir o uso da enerxía no país en 2/3.
    • En xaneiro de 2006 Bush dixo que os EEUU son adictos ao petróleo e que se deben mover alén da economía baseada no petróleo.
    • Islandia en 2001 adoptou o obxectivo de facerse libre do petróleo para 2050. Pretenden mover os seus trasportes por estrada e os seus barcos a base de hidróxeno producido mediante electrólese da auga.
  7. admin
    ― 2008/06/28 - 6:39 pm

    Precisamente a última cuestión dos barcos movidos por hidróxeno semella moi interesante para a situación actual do sector pesqueiro galego. No web da compañía Elding e do proxecto gobernamental a prol do hidróxeno temos máis información.

    Barco islandés que funciona con hidróxeno

  8. admin
    ― 2008/07/01 - 5:08 pm

    Recomendo aos nosos políticos consultar esta nova sobre a intelixente estratexia cubana, que foi hoxe presentada en Madrid. Quen queira escoitar, que escoite.

  9. admin
    ― 2008/07/02 - 5:40 pm

    Non estaría de máis que os políticos galegos tamén lesen esta nova do Wall Street Journal:

    What’s up with oil prices? Well, it’s not speculators, and there’s no relief in sight, meaning at least five more years of high prices with no easy fixes. The ugly truth? Peak oil isn’t fringe anymore—it’s going mainstream.

    That’s the reading from the latest oil market report from the International Energy Agency(…)

    (…)

    Politicians can pick their bogeyman—be it speculators, OPEC, or Democrats. But more and more it seems like the oil connundrum boils down to an age-old truth: Finite supplies can’t meet infinite demands.

  10. admin
    ― 2008/07/23 - 1:32 pm

    Noutros países os parlamentarios cando menos falan da cuestión.

    A que esperan os parlamentarios galegos?

  11. OFF
    ― 2008/07/29 - 12:58 pm

    Quisiera contribuir con más recetas para la sostenibilidad:

    En un nuevo artículo de Andy Robinson para el diario «La Vanguardia» de hoy, en la primera página de la sección de economía, se informa sobre la reformulación de los postulados continuistas de los economistas y gobiernos que, acostumbrados a solucionar las crisis con más de lo mismo, no reparan en que precisamente las pasadas recetas contribuyeron a dar nueva vida a enfermedades como la que actualmente afecta al mundo.

    El artículo se puede leer en el web de Crisis Energética: http://www.crisisenergetica.org/article.php?story=20080727185115124

    Recomendado para políticos (gallegos o no).

  12. admin
    ― 2008/08/10 - 5:14 pm

    Máis propostas, esta vez desde o ecoloxismo (Los Verdes):

    • Reducir o tránsito por estrada nun 20%.
    • Paralizar as obras de trens de alta velocidade.
    • Aumentar o tren convencional nun 25% para 2010.
    • Reforma fiscal segundo criterios ecolóxicos.
    • Favorecer circuitos curtos produción-consumo.

    Semellan do máis razoable. Canto tardarán os partidos no poder en darse conta?

  13. admin
    ― 2008/08/10 - 5:18 pm

    Máis propostas cara a unha Nova Cultura da Enerxía, de Joaquim Sempere (filósofo, sociólogo e editor do libro El final de la era del petróleo barato que debería ser o libro de cabeceira de varios directores xerais e conselleiros):

    • Obrigar a poñer paneis solares nos edificios.
    • Incluir na normativa de construción a obriga de illamento térmico.
    • Prohibir as bombillas incandescentes.
    • …
  14. admin
    ― 2008/08/21 - 7:01 pm

    Tamén recomendo a lectura detida do artigo escrito polo que fora ministro británico de medio ambiente entre 1997 e 2003, Michael Meacher:

    The conclusion is clear: if we do not immediately plan to make the switch to renewable energy – faster, and backed by far greater investment than currently envisaged – then civilisation faces the sharpest and perhaps most violent dislocation in recent history.

    http://www.mindfully.org/Energy/2004/World-Without-Oil4jan04.htm

  15. admin
    ― 2008/08/22 - 7:18 pm

    Engado un novo informe que debería estar encol da mesa dos nosos parlamentarios: Impacts of Peak Oil on International Development del grupo de parlamentarios británicos creado expresamente para tratar esta cuestión.

    A miña esperanza é que esta páxina e outras que vou incluindo con ideas, informes e referencias poñan algo máis doado o traballo dos nosos políticos para poñer mans á obra e preparar a Galiza para as consecuencias do cénit.

  16. De Casdeiro » O PSOE erra na súa resposta á crise… pero o BNG tamén
    ― 2008/08/22 - 7:25 pm

    […] aeroportos? Duplicar autoestradas? A absurda política da Xunta Carta aberta aos políticos galegos (sobre a crise do petróleo) » 21 06 […]

  17. admin
    ― 2008/08/22 - 7:27 pm

    Tamén espero que as ideas acerca de medidas que adoptaren lles sexan útiles e lles dean parte do traballo feito 😉

    A maioría vounas recopilando en http://casdeiro.info/textos/index.php/2008/06/21/o-psoe-erra-na-sua-resposta-a-crise-pero-o-bng-tamen/

  18. De Casdeiro » Programa político para Galiza respostar ao cénit do petróleo
    ― 2008/08/31 - 9:34 pm

    […] Para poñermos en marcha estas medidas, propuxen unha actuación do Parlamento Galego definida nunha carta aberta aos nosos políticos. […]

  19. admin
    ― 2008/08/31 - 9:35 pm

    Fixen unha nova recopilación nun novo artigo, no que terei agrupadas e actualizadas as diversas medidas que fun apuntando neste blog: http://casdeiro.info/textos/index.php/2008/08/31/programa-politico-para-galiza-respostar-ao-cenit-do-petroleo/

  20. admin
    ― 2008/11/19 - 8:47 pm

    Xa temos outra zona máis do mundo que se suma á preparación pública para o cénit, e esta vez ben preto de nós! Cataluña.

    E parece que non é algo novo senón que o Pla de l’energia 2006-2015 xa o leva tempo advertindo. Pero realmente que se está a facer en política pública enerxética desde a Generalitat?

  21. OFF
    ― 2008/11/30 - 7:10 pm

    Aquí tedes outros que se apuntan: a cidade libre de Hamburgo, cuxo parlamento aprobou hai uns meses unha resolución sobre o cénit: http://postcarboncities.net/node/3068

  22. OFF
    ― 2008/11/30 - 7:16 pm

    E creo que tamén falta na lista o goberno Sueco, que xa leva 3 anos traballando para ser libres do petróleo para o 2020.

  23. OFF
    ― 2008/11/30 - 7:18 pm

    E os suízos non sei se o están a estudar desde instancias gobernamentais ou privadas pero aquí hai un informe recente: http://www.swissinfo.org/eng/politics/foreign_affairs/Peak_oil_adds_fuel_to_Swiss_energy_debate.html?siteSect=1521&sid=9442932&cKey=1218723115000&ty=st

  24. OFF
    ― 2008/11/30 - 7:21 pm

    Aquí parecen dar a entender que si, que o toman en serio o tema xa tamén a nivel oficial, pero non sei eu…
    http://www.aspo-ireland.org/index.cfm?page=viewNewsletterArticle&id=56

  25. admin
    ― 2009/03/31 - 12:00 pm

    Máis países que se preparan para un mundo sen petróleo: Abdu Dabi (e estes abofé que saben sobre petróleo!).

Deja una respuesta Cancelar respuesta

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Citas

“A partir de la constatación de los límites biofísicos al crecimiento, no se puede ser pacificista sin ser anticapitalista.”

— Manuel Casal Lodeiro (Citas)

Buscar no blog

Sostén o meu labor

Recibe os artigos cada mes

Personas suscritas: 131


Colapso, peak oil, politica…

Nosotros, los detritívoros (3ª ed.)

Nosotros, los detritvoros (3ª edición)

Izquierda & colapso

La izquierda ante el colapso de la civilización industrial / A esquerda ante o colapso da civilización industrial (capas)

@Casdeiro

Tweets by @casdeiro

Comentarios recientes

  • casdeiro en Insistir en el crecimiento nos lleva al suicidio colectivo en cuatro horribles pasos
  • Vicent Rodríguez Payá en Insistir en el crecimiento nos lleva al suicidio colectivo en cuatro horribles pasos
  • The Degrowth platform of the CUP for Catalonia - Resilience en Dándole otra vuelta al «efecto Carter»
  • Jacinto Barallobre en Next Generation EU: endeudando a la siguiente generación más allá de lo pagable
  • Jacinto Barallobre en Por qué el Green New Deal es incompatible con la filosofía del Decrecimiento: el motivo intergeneracional
  • casdeiro en Next Generation EU: endeudando a la siguiente generación más allá de lo pagable
  • casdeiro en Next Generation EU: endeudando a la siguiente generación más allá de lo pagable
  • Alfredo Apilanez en Next Generation EU: endeudando a la siguiente generación más allá de lo pagable
  • casdeiro en Cuando comprendemos que nosotros no vamos a cambiar el mundo
  • Andrea en Cuando comprendemos que nosotros no vamos a cambiar el mundo

Categorías

  • Breves (89)
  • Ciberactivismo (30)
  • Citas (22)
  • Colapso (196)
  • Cultura (64)
  • Economía (95)
  • En castellano (201)
  • En galego (133)
  • In English (6)
  • Lingua (22)
  • Literatura (10)
  • Meta (2)
  • Política (251)
  • Sluagh-ghairm (17)
  • Social (154)

Preparando unha Galiza pospetróleo

Guía para o descenso enerxético - Galiza.PosPetroleo.com

Proxectos

  • 15/15\15
  • A Esquerda ante o Colapso
  • Ames Pospetróleo
  • Antroponimia de Galicia
  • Bibliografía Pospetróleo
  • Cénit del petróleo
  • ContraInfoteca
  • Crisis Económica
  • Crisis Económica (archivo de noticias)
  • Debulla
  • Democracia Directa Digital
  • Diáspora poética
  • Fillos de Galicia
  • Grândola Galega
  • Manifiesto Última Llamada
  • Militia Lyrica
  • Mina de ouro en Corcoesto / Corcoesto's gold mine
  • Municipios Pospetróleo
  • Nación Mundial Galega
  • Nomes Galegos
  • Patada al Diccionario
  • Pico del petróleo
  • Referendum mundial
  • Res Rética
  • Véspera de Nada
  • Yo No Compro

Recomendados

  • Crisis Energética
  • Decrecimiento
  • Derrota y navegación
  • Habas contadas
  • Los niños perdidos
  • nuevo DESorden
  • Oil Crash
  • Question Everything
  • The Archdruid Report
  • The Oil Drum
  • Tratar de comprender, tratar de ayudar

Democracia Directa Digital

Democracia Directa Digital

Galiza sustentable

Nación Mundial Galega

Bandeira da Nación Mundial Galega

Archivos mensuales

Social Links

Copyright © Manuel Casal Lodeiro