///

A chuza anda revolta!

Hoxe fiquei sorprendido ao ver unha nova en Chuza que me levou a unha crítica moi dura dun dos seus usuarios máis destacado (Nemigo). A verdade é que aínda non me enteirei ben de que vai a película, xa que entrei no cine cando xa empezaran os tiros, pero ten toda a pinta de que hai dúas cuestións moi interesantes a debate:

  • O funcionamento dos sistemas sociais de promoción de noticias (Chuza, Menéame, etc.).
  • O modelo de financiamento publicitario de proxectos web

Ambos os dous son temas que me tocan moi de preto. O primeiro polas posibilidades de democratización que achegan ou poden achegar estes sistemas (vid. o meu fillo DemoTicias), e o segundo porque é unha vía de financiamento que tamén usamos en Fillos de Galicia.

Seguirei dando conta aquí e acolá das miñas impresións sobre o tema, e outro ao que nos pode levar… Que hai detrás da trangallada da Web 2.0?

4 Comments

  1. A chuza anda revolta! (Que hai detrás da trangallada da Web 2.0?)…

    Casdeiro logo de ficar «sorprendido ao ver unha nova en Chuza que me levou a unha crítica moi dura dun dos seus usuarios máis destacado (Nemigo)» pensa que «ten toda a pinta de que hai dúas cuestións moi interesantes a debate: O funcionamento dos si…

  2. Non entendo moi ben o teu comentario, Andrés. Que ten que ver Trebellos con Chuza?

  3. Non ten demasiado que ver, só digo que Trebellos é o primeiro blogue comercial en galego, é dicir, onde os editores cobran por escribir unha porcentaxe dos beneficios que o blog xera, así que é un bo experimento pra calcular o tema da financiación na web en galego 😉

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de De Reflexionibus Reti