Sorprendeume ver o contido dun web que non coñecía, supostamente premiado por «interese, orixinalidade e traballo pioneiro» segundo nos informa Vieiros: Paxinas.com.
Interese non llo vexo por ningures. É unha especie de bosquexo feito por 2!!! páxinas HTML que avisan de que Axiña estará dispoñible e poderá ser consultado libre e gratuitamente.
Daquela, se aínda non está activo como é que foi premiado segundo eses criterios? Como puideron saber o grao de interese, orixinalidade e traballo pioneiro coa información dispoñible publicamente nel? Había outra máis ampla e desapareceu? Había unha información de acceso privado que só coñecían os que votaban no concurso? Hai algo raro neste premio…
Polo artigo de Vieiros non me quedou nada claro en que consiste este concurso, como se avalían os diversos factores dos webs… e por aí pareceume moi pouco informativo. Como tampouco hai ligazón para ampliar info (un concurso de webs sen unha sede web???!?!), quedeime máis ou menos co que sabía.