Pero Vieiros o que si é, evos unha interesante fonte de noticias:

A ese ritmo medra a comunidade de escritores de diarios internáuticos, segundo o estudo de Technorati, adicados á peneira de blogs. Din desde esta empresa que o total de bitácoras en internet supera xa os catorce millóns, que preto da metade se crearon no que vai de ano e que é de agardar que en só cinco meses a cifra volva duplicarse. Iso si, só detectaron un 13% que actualicen cando menos unha vez á semana.

O primeiro que comentar sobre esta noticia é criticar que os periodistas que escriben supostamente en galego non deixen de copiar o peor do castelán relacionado coa Rede. Ao noxentamente exitoso xénero feminino adxudicado á palabra web cando se refiere a web site, agora estamos contaxiando o noso idioma do absurdo bitácora para se referir aos weblogs ou blogs. Moléstanse estes periodistas que falan tan atrevidamente da Rede en mirar un dicionario antes de empregar un neoloxismo ou aplicar un novo significado a unha palabra xa existente?

Segundo o RAG unha bitácora é un Especie de armario ou caixa que os buques levan fixo á cuberta e inmediato ó temón, onde se garda o compás e outros obxectos, cerrado cunha ventá de cristal para o protexer da auga, po, etc. Así que xa me dirán qué carallo ten que ver iso cun diario on-line…

En calquera caso a noticia sobre o éxito dos blogs da moito que pensar. Evidentemente pasará como con todas as modas, que moitos decaerán e serán abandoados convertíndose nun equivalente dos gravesites. Pero o resto significan unha auténtica revolución da libre expresión e da democratización dos medios de comunicación. Os medios tradicionais xa están tomando nota, non sabemos se boa ou mala do asunto. De momento o caldo está a ferver, e xa veremos cómo sabe ao final.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Lo último de De Reflexionibus Reti