Archive for the 'En galego' Category
No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igoal que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.
Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,
decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire […]
Aínda que non esteamos
de acordo co Sistema,
aproveitámonos del,
porque el tamén se aproveita de nós
aínda sen estar de acordo connosco.
[ Casdeiro, 25/12/2005 ]
(fragmentos)
Con abraio crían ás veces
que chegaría a existir
a utopía libertaria
e ás veces crían que non,
aínda con máis abraio…
Era entón a Galicia anarquista
unhas cantas vivendas obreiras
como mapoulas moi abertas
nos barrios proletarios das Atochas,
unha casoupa clandestina en Cea
sobre as raíces do fento dentabrú,
unhas humildes moradas campesiñas
con liques de Badiña ou de Marselle,
onde non había moito que comer,
mais […]
Hai outro virus máis perverso
unha infección aínda peor
o virus que entre na túa cabeza
e para o que non chega o condón
estouche falando de discriminación
dos infectados, dos portadores
contra ese virus insolidario
e contra a SIDA, rock and roll
hai que matar o bicho pero non o pracer
amarse de goma, amarse de goma
poñerlle condón á superstición
xa temos bastante coa […]
Un paso adiante e outro atrás. Galiza,
e a tea dos teus sonos non se move.
A esperanza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en soños volves escoitar a chuva.
Traerán os camiños algún día
a xente […]
Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancura
da luz que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
cantémo-lo dereito a libre nova vida!Validos de treidores
a noite da Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as […]
10
Linme hoxe toda por dentro.
¡Linme!
¡Como me está chegando!
¡Como me apaña!
Eu non sei,
non sei si me chega ou vou por ela.
Non o sei.
¿Ouh, pra que me trouxeches si hoxe me levas?
Hoxe,
hoxe, día de todos en un.
Infindá do tempo. ¡Hoxe!
Hoxe de quen todos somos na marea sin ondas,
sin velas,
sin barcos en coor vello.
Hoxe, ¿de quen?
Hoxe: dirán uns.
Hoxe: […]
xenreira que se forma nas tripas
0 Comments Published by admin February 10th, 2007 in En galego, Minus Bálidoxenreira que se forma nas tripas
cando ves sangue e destrucción
ao redor, en todos os lugares.
crecendo con pedras nas mans
con metal nas mans
con metais non preciosos na cabeza
non comprendendo por que non hai paz
para a túa cabeza, para a túa familia
para a túa irmá e para os teus amigos.
morrendo amigos, morrendo familia
morrendo a infancia, morrendo as […]
como se conquistou o oeste!
0 Comments Published by admin February 10th, 2007 in En galego, Minus Bálidocomo se conquistóu o oeste!
entitulan un disco de led zeppelin.
a través do meu prisma conquistóuse
con trampas e cruces
con posturas de misioneiro
con fanatismo de europas escuras
con capitais en español
con enfermidades incurables
con sodomas e gomorras
con chabolas incendiadas
con reservas como se gando
co principio da nosa maldita historia
con irlandas cheas de güisque barato
con exterminio, con decapitacións
con raiñas e reis […]
humanos dereitos temos.
temos dereito á pobreza
dereito ao traballo precario
dereito a carísimas vivendas
dereito a participar en guerras
a ser mal alimentados
inducidos pola droga publicitaria
temos dereito a pensar
mentres non se inventen chips
que nos sexan insertados para o control.
temos dereito a consumir
despilfarrar, drogarnos e ver a t.v.
para que outros engorden as cifras.
temos dereito a manter a boca pechada
temos dereito […]