Archive for the 'Casdeiro' Category



Aínda que non esteamos

Aínda que non esteamos
de acordo co Sistema,
aproveitámonos del,
porque el tamén se aproveita de nós
aínda sen estar de acordo connosco.

[ Casdeiro, 25/12/2005 ]

Telediario eucarístico

[Casdeiro. Texto: 2000-05-26. Versión visual: 2006-03-03.]

Texto reproducible según los términos de la licencia de Creative Commons

Roubaron a túa voz

Roubaron a túa voz
cando querías dicir
“Damo”.
Agora soas coa voz
dun moneco que di
“Véndemo”.
[Casdeiro. 2006-10-29]

Texto reproducible según los términos de la licencia de Creative Commons

O maior roubo da Historia

Oito horas ou aínda máis.
Cinco días ou seis ou sete.
Once meses ou doce.
A maior parte da vida.
Xeración tras xeración tras xeración.
O noso tempo.
                       A súa gañancia.
[Casdeiro. 2006-10-15]

Texto reproducible según los términos de la licencia de Creative Commons

Hei de camiñar contigo

Hei de camiñar contigo
nas praias esquecidas,
onde o mar deitou
o teu corpo cheo da sal
na que se convertiron
os teus soños.
Hei de soster a túa man
de tremente pau
namentras che devora
os teus derradeiros días
unha doenza
curable cun papel.
Hei de chorar contigo
a morte do teu fillo pequeno,
tan chea de pó
entre as ruinas
do teu país afogado.
Hei de escoitar
a túa canción
triste e […]

A televisión

A televisión
é a cabeza de ponte
do capitalismo
nas nosas mentes.
[Casdeiro. 2006-06-20]

Texto reproducible según los términos de la licencia de Creative Commons

Vuestros muertos

Veo en la pantalla
vuestras serias caras de fariseos
y siento ganas de vomitar
cuando guardáis silencio
por vuestros muertos
mientras dejáis
que los cuerpos de los niños
(que no son vuestros,
que no merecen vuestra palabra
ni vuestro silencio)
sean desgarrados por las bombas,
cada día,
allá lejos,
donde enviasteis vuestras banderas
a plantar semilllas de libertad;
eso decíais,
eso seguís diciendo.
Y no se os cae vuestra pétrea cara
de vergüenza
porque […]

Non se chamaba Tony

Ahmed non se chamaba Tony,
e non vivía nunha casa moi feitiña
no medio de Londres
e tampouco vivía nun piso en Brooklyn.
Ahmed non se chamaba Tony
e por iso as canles de noticias
non nos metían na casa
os berros desesperados da súa nai.
Laila tampouco se chamaba Susan
e por iso non entrevistaron á súa mestra
nin ás compañeiras de pupitre
nin soubemos […]



ebook publishing software the